Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Compostela culmina a conectividade por fibra do casco vello

O concello de Santiago de Compostela rematou cun acto oficial o despregue de fibra óptica no casco vello da cidade.
compostela-fin-conexion-fibra-casco-vello-slide-7-marzo-2024-(2)_r

Compostela, 7 de marzo do 2024 – O concello de Santiago de Compostela rematou cun acto oficial o despregue de fibra óptica no casco vello da cidade.

O investimento realizado en Compostela chegou aos  2,6 millóns de euros, asumidos nun  noventa por cento pola operadora Orange e o resto por parte do Consorcio de Santiago. A despregadura permitiu o acceso á alta velocidade de máis de 6.000 vivendas, grazas aos máis de 21 km de fibra óptica instalados.

Os traballos de instalación de fibra óptica no casco histórico de Compostela desenvolvéronse en 13 fases. A primeira das etapas comezou en xuño do 2020 por aquelas zonas nas que non existía ningún tipo de conectividade e atendendo sempre á protección patrimonial e a lexislación vixente.

No acto, realizado nos salóns do concello, participaron a alcaldesa de Santiago de Compostela e presidenta do Consorcio, Goretti Sanmartín, acompañada de Miguel Rodríguez Quelle subdirector da área de Sociedade Dixital da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), de Manuel Chaín, Subdirector Xeral de Conservación e Restauración de Bens Culturais da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia xunto con Nani Fernández, directora de Relacións Institucionais de Orange e de Belén Hernández, xerente do Consorcio.

Todos destacaron a boa colaboración público-privada conseguida entre as partes implicadas. Unha relación que comezou en novembro do 2019 tras unha consulta pública e aberta na que participaron a Consellería de Cultura e Turismo, Amtega e o Concello de Santiago de Compostela.

Miguel Rodríguez Quelle dixo que esta colaboración foi o resultado dun equipo de expertos que traballaron arreo pola chegada da fibra óptica á Cidade Histórica compostelá, respectando o seu marcado carácter patrimonial sen perder nunca de vista o obxectivo final de poñer este esencial servicio á disposición da veciñanza.

Como resultado da convocatoria publicada, tres foron as empresas operadoras que presentaron unha proposta técnica de proxecto piloto para a instalación. Iniciábase así un longo proceso entre diferentes axentes públicos e privados, empresas contratadas e equipo técnico humano para os que a alcaldesa agradeceu, unha vez máis, o seu traballo.

A presidenta do Consorcio, Goretti Sanmartín, congratulouse do éxito deste proxecto “de vital importancia para o asentamento de poboación e negocios na Cidade Histórica” e recordou que “non foi un proceso fácil” xa que foi necesario “atopar os equilibrios para dotar de servizos unha zona da cidade que debe estar viva e habitada”

En palabras da xerente do Consorcio, desde a posta en marcha da convocatoria pública e ata a despregadura final da 13ª fase, todo o proceso e obstáculos que houbo que superar semellaba parecerse máis a unha serie de ficción, “como ben podería ser Las chicas del Cable”, engadiu. A xerente tamén fixo fincapé en que “a colaboración de todos os axentes implicados, que eran moitos, foi a clave do éxito”, e agradeceu tamén a extraordinaria colaboración veciñal coa que se contou en todo momento.

Unha vez fixadas e evaluadas as condicións que debería seguir a instalación da fibra por parte da Comisión Asesora do Plan Especial de Protección e Rehabilitación da Cidade Histórica de Santiago de Compostela, a operadora Orange ofreceuse a realizar a despregadura. Instalación da que Nani Fernández remarcou o fito de ser unha despregadura pioneira que tivo Compostela como proxecto piloto e exitoso que foi trasladado a diferentes cidades patrimoniais en toda España.

Levar a cabo a despregadura e conservar a estrutura patrimonial de Compostela foi todo un reto para organismos públicos e empresa operadora que tiveron que axustarse ás esixentes regulacións patrimoniais. Manuel Chaín, que tamén lembrou o nomeamento da cidade como ben declarado patrimonio da humanidade pola UNESCO fai 39 anos, definiu moi ben a despregadura ao enmarcala como un fito necesario para “preservar o pasado e garantir o futuro”.

Post navigation

Previous: A USC na procura dunha “universidade social e igualitaria” no 8M
Next: Ames traballa xa na limpeza dos montes de cara ao verán

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.