Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Primeiros pasos para a rehabilitación do complexo deportivo de Santa Isabel en Compostela

A Xunta de Goberno local de Santiago adxudicou o a redacción do proxecto das obras de rehabilitación do complexo deportivo de Santa Isabel
compostela-rehabilitacion-santa-isabel-slide-13-febreiro-2024_r

Compostela, 14 de febreiro do 2024 – A Xunta de Goberno local de Santiago adxudicou o a redacción do proxecto das obras de rehabilitación do complexo deportivo de Santa Isabel

As obras de rehabilitación de Santa Isabel están financiadas en parte con fondos NextGeneration e teñen un orzamento previsto próximo aos tres millóns de euros. Os traballos permitirán  mellorar a eficiencia enerxética, a sustentabilidade, a accesibilidade, a habitabilidade, a seguridade e a conservación do complexo.

A adxudicación contempla o contrato de redacción do proxecto e a dirección facultativa da rehabilitación integral. As obras terán un custo total de 2.975.903,26 euros, dos cales 2.340.149 euros se corresponden coa axuda do goberno e 634.754,21 euros, coa achega do Concello.

O complexo de Santa Isabel foi construído en 1983, o que o converte nun dos equipamentos máis antigos da cidade. Unha das prioridades será a da mellora da eficiencia enerxética, coa posta en marcha dunha serie de medidas destinadas non só a reducir o consumo de enerxía do edificio e as emisións, senón tamén a mellorar as súas condicións térmicas interiores e adaptalo á normativa actual.

Entre as melloras que se levarán a cabo están a incorporación de novos revestimentos na envolvente térmica da fachada e a cuberta para facilitar o illamento térmico. Instalaranse tamén dúas bombas de calor, unha para a produción térmica do edificio, que apoie as caldeiras existentes para a produción de calor e de frío nos espazos actuais, e outra para a produción de ACS e quecemento de piscina.

Tamén se prevé mellorar o sistema de ventilación coa substitución dos actuais ventiladores por equipos con recuperación de calor; e o cambio das luminarias actuais por outras de tecnoloxía LED para conseguir un importante aforro enerxético, así como a instalación de paneis fotovoltaicos para autoconsumo co obxectivo de reducir o consumo enerxético do edificio.

Dedicarase unha partida de 25.228 euros para mellorar a sustentabilidade coa instalación de elementos de grifería en duchas, lavabos e inodoros que permitan unha redución do consumo de auga, sen rebaixar prestacións aos usuarios.

Tamén se levarán a cabo importantes intervencións para mellorar a accesibilidade ao pavillón polideportivo, co conseguinte traslado do acceso xeral á praza mediante unha escalinata e unha rampla lateral, que permitan un acceso amplo, cómodo e ben dimensionado, que poida repartir o público nas bancadas e que facilite a evacuación en caso de incendio. Prevese, ademais, a incorporación dun ascensor e dunha pasarela, así como a mellora da accesibilidade en aseos e vestiarios adaptados.

No apartado de habitabilidade e seguridade, prevese a adaptación das saídas de emerxencia, renovando a súa sinalización e os mecanismos de apertura, así como a renovación completa da instalación contraincendios. Tamén se adaptarán escaleiras e bancadas, incorporando varandas, pasamáns, e axustando banzos e espazos de acceso.

Por último, dedicarase unha partida para a revisión, reparación e mellora das cubertas da piscina (madeira) e o pavillón (estrutura espacial metálica). Tamén se aproveitará para renovar o local de filtración de piscinas e do seu equipamento, a adaptación da acometida eléctrica do edificio, a renovación de pavimentos de beirarrúas na contorna e acceso ao complexo.

Post navigation

Previous: Este xoves comeza Santiago(é)Tapas
Next: Reclaman refozo no transporte do persoal sanitario residente en Ames

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.