A Xunta de Goberno Local aprobou a documentación técnica precisa para a a renaturalización de Cornes e Do Río Corgo dentro do proxecto Entre Sar e Sarela.

Compostela é unha das cidades con máis zonas verdes e espazos naturais de Galicia e , probablemente, de España. Desde hai tempo engádense a esa realidade proxectos para recuperar áreas e renaturalizalas, é dicir devolvelas ao seu estado natural.
Este luns a Xunta de Goberno aprobaba a documentación técnica de dúas actuación incluídas no proxecto Entre Sar e Sarela, que conta cunha axuda do 95% procedente do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea – Next Generation (PRTR).
Por unha banda está o proxecto básico para a recualificación e recuperación ambiental da área verde no barrio de Cornes, redactado polo enxeñeiro técnico agrícola Eliseo Quintero Feal, que terá un prazo de execución de 6 meses e un orzamento de 175.468,51 € (IVE incluído).
En esta zona o que se pretende é recuperar e renaturalizar un espzo moi degradado. Búscase devolver o hábitat a súa forma tradicional. O obxectivo final é restaurar ecoloxicamente o humedal, eliminando elementos que lle restan naturalidade e impidan o desenvolvemento do hábitat lagunar, adecuando a topografía coa creación de áreas deprimidas que poidan anegarse en primavera ou outono e permitan o refuxio de anfibios.
Para mellorar a calidade da auga da lagoa construirase un biofiltro ecolóxico. Ademais, retiraranse especies exóticas e invasoras, eliminaranse elementos artificiais e árbores mortas e recuperarase a vexetación autóctona. Crearanse pequenas illas de plantas leñosas separadas por espazos abertos con herbáceas.
Outras das actuacións previstas é a eliminación do aparcadoiro irregular, que se suma á mellora dos camiños e á creación dunha senda rodeada de vexetación amigable para as bolboretas. Co fin de mellorar a experiencia das persoas que percorran a zona, instalaranse bancos en puntos estratéxicos ao longo desta senda, restaurando e intervindo artisticamente os tubos de formigón actualmente existentes para convertelos en ferramentas de sensibilización ambiental. Finalmente, tamén se incorporarán caixas para que aniñen os paxaros, hoteis de insectos e outros refuxios faunísticos.
Lagoa do auditorio
Pola outra banda aprobouse o proxecto para a naturalización da lagoa do Auditorio, restauración fluvial do río Corgo e mellora ecolóxica das áreas verdes contiguas. O ámbito desta actuación está conformado pola área que conforman tres tramos diferenciados do río Corgo, sumando un total de 26.500 m², en contacto co anel verde exterior da cidade. Esta zona abrangue a área verde do Auditorio de Galicia, a Finca de Lois e o parque do burgo das Nacións.
O obxectivo é incrementar a biodiversidade urbana autóctona e crear novos hábitats, permitindo a presenza de especies de fauna local, e transformando un conxunto de espazos verdes illados nunha área nodo dentro da estratexia de infraestrutura verde.
Os traballos implican a modificación dos límites da lámina de auga da lagoa do Auditorio, que se reduce para dar lugar, nos bordos, a humidais con vexetación de ribeira. Actuarase tamén nos camiños, no mobiliario urbano e na iluminación.
O orzamento total deste proxecto ascende a 826.965,69 € (IVE incluído) e o prazo de execución establécese en 5 meses.
Estas son dúas das cinco intervencións modelo que aborda o proxecto Entre Sar e Sarela, cuxo fin principal é contar cunha estratexia de infraestrutura verde e adaptación ao cambio climático en Santiago.
O borrador do documento que recolle esta estratexia , Estratexia de infraestrutura verde e adaptación ao cambio climático, presentóuselles recentemente a máis de 50 colectivos, entidades ou persoas en varias sesións de debate, e é o primeiro en todo o Estado que está adecuado a toda a normativa existente.
Unha vez que o Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural da Universidade de Santiago, socia neste proxecto, avalíe e incorpore as achegas que se foron realizando nos devanditos obradoiros e nos que participaron , levarase ao Pleno municipal para a súa aprobación.
