займ срочно

O novo servizo de recollida de lixo no casco vello non convence á hostalería

0

Compostela, 18 de xaneiro do 2023 – A Hostalería de Santiago solicitará unha reunión co concello e as empresas Urbaser e Coregal para comunicar o descontento do sector coa nova recollida de lixo no casco vello.

A demanda da reunión nace dunha asemblea celebrada na sede da Asociación de Hostelería Compostela na que os afectados mostraron o seu malestar. Destacaron que non se cumpriu o compromiso do concello de realizar unha campaña de información sobre a nova recollida de lixo polo que existe “un descoñecemento profundo” sobre o proxecto de reciclaxe e o funcionamento do servizo.

Tamén explican que as medidas adoptadas, tanto no referente aos colectores repartidos para o depósito de residuos, como os horarios de recollida son “inviables desde todos os puntos de vista co desenvolvemento do noso traballo nos nosos locais” non son acordes “coa realidade da actividade que desenvolve o hostaleiro, nin coa propia cidade”. apuntan a que os horarios de recollida estipulados molestarán aos propios veciños e turistas.“A recollida de lixo”, insisten, “debe facerse adaptada aos peches de hostalería”, e propoñen rexeitar a recollida dos colectores que está a repartir o persoal da empresa Urbaser ata que o Concello de Santiago negocie co sector as condicións de recollida do lixo.

Desde Hostalería Compostela confirman a sensibilización do sector coa reciclaxe e o respecto polo medio ambiente, pero debe ser cunhas medidas consensuadas, que teñan en conta as necesidades do colectivo.Cabe lembrar que o novo sistema conleva a recollida de envases lixeiros a partir dás 17.00 h, papel e cartón a partir dás 20.30 h, fracción orgánica e resto a partir dás 23.30 horas, horas ás que os hostaleiros deben sacar os colectores correspondentes para a súa recollida.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies