Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Compostela reclama a Setex Aparki máis de 700.000 € pola xestión da ORA

compostela-reclamacion-ora-slide-15-outubro-2024_r

Compostela, 15 de outubro do 2024 – Anos de litixios entre o concello de Santiago e a empresa concesionaria da xestión da ORA parecen rematar cunha reclamación do concello á Setex Aparki do pago de 700.000 €.

O proceso iniciouse no ano 2018 coa cancelación do contrato e a conseguinte reclamación nos xulgados de Setex Aparki. Seis anos de litixios que parecían rematar no 2023 cando o Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago ditaba unha sentencia favorable ao concello.

A reclamación da empresa que xestionaba a ORA ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia remata agora coa resolución de ese tribunal de non estimar o recurso de apelación e, en consecuencia, dar por boa a sentencia de hai un ano.  

De esta resolución informouse na Xunta de Goberno Local de este luns. O concelleiro de Mobilidade, Convivencia e Centros Socioculturais, Xan Duro, informou da resolución na que se se lle reclama a Setex Aparki S.A a cantidade de 716.579,84 euros.

Esa cifra correspóndese cos 677.379,58 euros de indemnización que foran fixados polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago na sentenza do 29 de setembro de 2023 (472.994,66 euros de canon + 35.728,16 euros de “outros conceptos” + 168.656,76 euros de xuros); aos que se lle suma a actualización dos xuros legais desde a data desa sentenza recorrida pola empresa ata a sentenza confirmatoria do TSXG do 11 de xuño de 2024 (xuros que pasan dos 168.656,76 euros a 207.857,02 euros).

O inicio do proceso

O concelleiro Xan Duro lembrou na rolda de prensa que Compostela Aberta fora moi criticada pola municipalización do servizo e explicou que, tal como eles defenderon, non supuxo gasto para o concello.  

O procedemento xudicial sobre o que agora se pronuncia o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia orixinouse no acordo adoptado pola Xunta de Goberno en maio de 2018 relativo á liquidación do contrato da ORA e do guindastre, no que se desestimaban as alegacións que Setex Aparki tiña presentado ao respecto.

Naquel acordo, o Concello estableceu que a empresa debía abonarlle algo máis de 630.000 euros en concepto de indemnización por danos e perdas (dos que xa tiña ingresado 120.000 euros nas arcas municipais); deixaba pendente de fixar o importe da indemnización polo canon fixo, á espera de que Setex deixara de prestar o servizo; e estimaba que os bens e equipos adscritos aos servizos da ORA e do guindastre, como os parquímetros, debían reverter ao Concello.

Setex Aparqui recorreu ese acordo da Xunta de Goberno local diante da xustiza, en base a dúas discrepancias: estimaba que os parquímetros eran da súa titularidade, e esixíalle ao Concello o pago de máis dun millón de euros por eses equipamentos; e reclamaba o pago dunha indemnización pola devolución do canon do servizo e por taxas non cobradas pola retirada e depósito de vehículos.

O tribunal do Contencioso Administrativo número 1 de Santiago desestimou xa en marzo de 2022 as pretensións de Setex Aparqui en canto ao cobro dos parquímetros, e no relativo á indemnización, a empresa mostrou as súas discrepancias sobre os criterios de cálculo a través de sucesivos recursos, todos eles desestimados.

O último foi diante do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que tamén desestimou o recurso de apelación de Setex nunha sentenza con data de 11 de xuño de 2024, abrindo a vía a que o Concello poida reclamar finalmente o pago de 716.579,84 euros.

O concelleiro de Mobilidade e Convivencia explicou que “coa sentenza do TSXG e con esta resolución rematan seis anos de litixio xudicial e confírmase que o Concello fixo ben as cousas no proceso da municipalización da ORA e do guindastre”.

Xan Duro salientou que “tal e como prevían o Goberno e os servizos técnicos en 2018, o Concello non terá que indemnizar a Setex, senón que ao contrario será a empresa a que teña que ingresar máis de 716.000 euros nas arcas municipais”. O edil tamén reivindicou que a municipalización “permitiu gañar en calidade e axilidade do servizo, dar unha resposta máis áxil ás mudanzas e novas necesidades no que ten que ver coa regulación do aparcamento, e controlar mellor o uso das zonas de residente e dos aparcamentos express”.

Post navigation

Previous: Músicas na Linde: Hugo Guezeta
Next: O xabaril obriga a declarar zona de emerxencia cinexética a Negreira e A Baña

Máis novas

Alex-Doval-alcalde-Oroso-slide-17-xullo-2023_6764_r
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Alex Doval, alcalde de Oroso

ames reconhecemento extraxudicial 14 setembro 2026
6 minutes read
  • Xeral

Novo recoñecemento extraxudicial do concello de Ames

Rois: O Pleno aproba volver licitar o Servizo de Axuda no Fogar
4 minutes read
  • Xeral

Rois licita de novo o Servizo de Axuda no Fogar

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (733) Politica (945) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.