Compostela, 14 de marzo do 2023 – A Real Filharmonía de Galicia presenta este xoves o concerto “Novidades” con pezas de Jörg Widmann, Edvard Grieg e Jean Sibelius.
Jaume Santonja será o encargado de dirixir á Real Filharmonía e contará con Alexandra Dariescu como pianista solista. O concerto forma parte da tempada anual da orquestra que leva por título xenérico Escoitar o mundo”.
O programa inclúe a versión reducida de 2013 de Con brio, de Jörg Widmann; o Concerto para piano en La menor, op. 16 de Edvard Grieg e na segunda parte a Sinfonía nº5 en Si b maior, op. 82 de Jean Sibelius.
O espectáculo dará comezo ás 20.30h e previo ao recital, no Auditorio de Galicia, quen o desexe poderá escoitar e propoñer preguntas ao mestre Santonja nunha nova edición de ‘Conversando con’, onde a Real Filharmonía ofrece a posibilidade ao público asistente de falar cos convidados da orquestra.
Santonja e Dariescu
Para esta dobre cita, a Real Filharmonía de Galicia contará coa dirección de Jaume Santonja, quen vén de ser anunciado como Principal Director convidado da Orquestra sinfónica de Milán despois de dúas temporadas como director asociado da Euskadiko Orkestra. Tamén colabora habitualmente como director convidado das principais orquestras de España e do resto de Europa.
A romanesa Alexandra Dariescu, pola súa parte, é creadora de ‘O Crebanoces e eu’, e entre os seus valores están os de promover a igualdade de xénero tanto nos seus programas de concertos como de recitais, así como defender obras menos coñecidas, avogando pola diversidade e a inclusión. É unha pianista moi solicitada como solista por orquestras de Europa, Norte América e Australia.