Compostela, 10 de xuño do 2017 – Co patrocinio da xoiería Jael e da marca de reloxos Tudor chegou onte a Compostela o rally Vía Iberia que mostrará no Obradoiro ao longo de toda a xornada 24 vehículos anteriores a II Guerra Mundial.

O denominado Pilgrim Rally está organizado pola asociación holandesa Vía Flaminia e fai un percorrido que pasa polo País Vasco e os Picos de Europa ata Compostela.
No rally Vía Iberia e a exposición participan vehículos de firmas como Rolls Royce, Lagonda, Bentley, Lancia, Alvis, Jaguar, MG, Packard ou Vauxhall, representantes de tres décadas da automoción. Os autos foron conservados con mimo polos seus propietarios, procedentes do Reino Unido,
Holanda, Bélxica, Suíza, Dinamarca e mesmo dos Estados Unidos. Trátase de coches deportivos e de alta gama que no seu momento marcaron época e que, como demostra o seu periplo polas estradas do norte da Península, seguen en pleno funcionamento.
Ademais do patrocinio de Tudor e a xoiería Jael o rally Vía Iberia conta co apoio do concello de Compostela.