Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

A poxa pública de soares en ruínas avanza en Compostela

compostela casa subasta 4 xullo 2025

Pese  ás alegacións en varios dos casos o inmoble situado na rúa Espírito Santo de Compostela recibiu seis ofertas e a máis alta supera en 60.000 euros o prezo de saída.

Este xoves celebrouse en Compostela a Mesa de Contratación para a apertura das ofertas recibidas no proceso de venda forzosa mediante poxa pública do lote 4, correspondente co inmoble en ruínas da rúa Espírito Santo 33 incluído no Rexistro de Soares. As seis ofertas presentadas foron admitidas e a máis alta superou en 60.000 euros o prezo de saída.

O prezo de saída deste inmoble era de 69.639,18 euros e a oferta máis alta recibida ascendeu a 130.639,18 euros. Esta oferta procede dunha persoa física. O montante polo que se valorou o inmoble para a súa venda forzosa ingresarase á propiedade do inmoble e a parte restante dedicarase a políticas de vivenda desenvolvidas polo Concello.

Tras este paso, a persoa que presentou a oferta máis alta deberá cumprimentar a documentación requirida para a súa comprobación, paso previo á adxudicación do inmoble, competencia da Xunta de Goberno Local de Compostela.

Tal e como explicou o concelleiro de Urbanismo, Vivenda e Cidade Histórica de Compostela, Iago Lestegás, é a primeira vez que se levou a cabo este proceso no Concello de Santiago. “Aínda que o procedemento sexa longo e difícil, o Rexistro de Soares é unha ferramenta útil para mobilizar o patrimonio inmobiliario desaproveitado e para ampliar a oferta de vivenda no centro da cidade aproveitando mellor o que xa temos”, destacou Iago Lestegás.

O proceso é a primeira vez que se realiza en Galicia pese a estar contemplado na lei desde hai anos. Unha ferramenta que veremos como avanza nos outros soares aos que se presentaron alegacións pero que poden aínda ter a súa propia puxa. As condicións son moi ríxidas pero poden impulsar rehabilitacións de outros espazos aínda no incluídos no rexistro de soares e dotar de máis vivenda ao casco vello.

Post navigation

Previous: Curtocircuíto converte a Quintana nunha rave
Next: O máis lido en Lindeiros do 30 de xunho a 4 de xullo do 2025

Máis novas

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Axenda

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Un dos traballos de mellora realizados en pistas de Frades
2 minutes read
  • Frades

Frades acomete un intenso programa de bacheo nas distintas parroquias

Imaxe do pleno de Ames sobre o mercado de abastos
4 minutes read
  • Xeral

O mercado de abastos de Ames dependerá dunha subvención de 2 millóns de euros

Lugar de Agromaior no concello de Teo
2 minutes read
  • Xeral

Teo licita o acondicionamento do viario municipal en Agromaior

Cartel da andaina por parellas de Rois
3 minutes read
  • Axenda

A XVIII Andaina por Parellas de Rois aprázase a setembro

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2771) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2672) sindicatos (109) Social (551) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (580) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.