Compostela, 30 de maio do 2024 – O grupo socialista de Compostela propón rematar a urbanización de rúas na Almáciga e Santa Marta que melloren a mobilidade.
Desde o grupo socialistas explica que o crecemento da cidade deixou “porcións de rúas sen urbanizar”, pequenas parcelas nos barrios da cidade que poderían completar o planeamento previsto en Compostela
A concelleira socialista Mercedes Rosón identifica en Compostela catro parcelas que poden encaixar en estes traballos. Na Almáciga “podería crearse unha conexión entre a rúa de Tomiño e a de Betanzos: unha conexión que actualmente atravesa unha leira repleta de árbores a través dun paso estreito, permitindo tan só o tránsito peonil”.
A concelleira engade que se trata dunha actuación “moi demandada pola veciñanza e que daría maior seguridade, facilitando ademais o tráfico nesa zona”. Outro dos puntos sería o tramo das “escaleiras desaparecidas” entre as rúas de Salgueiriños de Arriba e de Abaixo. Unha actuación que, lembra, estaba contemplada no ámbito do SUNP-3, polo que insta a realizar o proxecto para a creación dunha escaleira na parcela na que actualmente se atopa un noiro de terra, e que conectaría co resto das escadas entre a Avenida de Cruceiro da Coruña e a rúa de Mallou.
Saída cara Amor Ruibal desde a rúa Pintor Juan Luís A plan socialista para a mellora das conexións, das “rúas incompletas”, pasaría tamén por incluír conectar as rúas Pintor Juan Luís e Urbano Lugrís con Amor Ruibal en Pontepedriña. Unha actuación semellante á que proxectan para o ámbito do SUP-6 coa rúa da Choupana, finalizando a apertura das rúas de Maruxa Mallo e Das Trece Rosas cara a zona de Santa Marta, algo que tamén “axudaría a mellorar o tráfico en esa zona”.