Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

E mentres tanto na oposición de Compostela…

BNG e Compostela Aberta xa traballa arreo para facerse co control efectivo da xestión municipal mentres na oposición todo son urxencias.
Concello de Santiago 20170214_120815 slide_r

Compostela, 21 de xuño do 2023 – O goberno de BNG e Compostela Aberta xa traballa arreo para facerse co control efectivo da xestión municipal mentres na oposición todo son urxencias.

O PP presentaba onte o reparto de funcións dos seus concelleiros

Psoe e Partido Popular percorren na oposición camiños distintos pero paralelos, polo que non deixan de mirarse. O PP en especial parece agardar a que os socialistas resolvan os seus problemas para que contesten aos seus constantes convites para desaloxar a BNG e CA. A cortesía dos cen días parece cousa do pasado.

Gonzalo Muíños voceiro socialista

A xestora que pilota o destino do Psoe, nomeou onte a Gonzalo Muíños como voceiro municipal. Segundo explicou o presidente da xestora, Diego Fernández, a de Muíños foi a única proposta trasladada polo Grupo Socialista, polo que é “froito do consenso e foi ratificada por unanimidade”.

Gonzalo Muíños

Muíños é membro da executiva provincial do PSdeG-PSOE e conta cunha dilatada experiencia no Concello de Santiago, onde é concelleiro do Grupo Socialista desde 2011. Foi concelleiro responsable de Mobilidade, Seguridade Cidadá, Barrios, Obras e Relacións Veciñais no último goberno municipal  de Xosé Sánchez Bugallo.

Agora Muíños e o presidente da xestora, Diego fernández, encargaranse das negociacións co BNG no que respecta ao pleno de organización. Ao mesmo tempo o novo voceiro terá que responder ás preguntas dos xornalistas e aos cantos de serea que chegan desde o PP.

Un Partido Popular na oposición

O PP decidiu non agardar nin cen días e xa na toma de posesión convocou aos medios para insistir nas críticas ao goberno municipal aínda non formalizado. Onte Borja Verea daba unha rolda de prensa na que seguía a convidar ao Psoe a que apoiara un cambio de goberno co PP, obviamente, na alcaldía.

Verea non descartou nada. Nin unha moción de censura nin unha coalición de goberno. O único que rexeitou foi acordos con concelleiros que hipoteticamente deixaran o grupo socialista “non é o noso xeito de facer política, o convite e ao grupo socialista” dixo. Hai que dicir que de suceder iso podería infrinxirse a lei antitransfuguismo.

Pero o Partido Popular tamén denunciou que nas negociacións, de cara ao pleno de organización, a proposta presentada polo BNG non era proporcional á representatividade dos grupos.

Verea non quixo dar datos pero si explicou que o goberno tería que ter 8 dedicacións exclusivas e que no goberno anterior había 14 polo que só quedan seis a repartir. Unha conta simple da a entender que presuntamente a proposta podería ser tres dedicacións para o Psoe e tres para o PP e que os populares agardan un reparto de catro e dúas pola diferenza de concelleiros.

A situación resolverase máis antes que tarde pero o que parece claro é que os primeiros meses de mandato van a ser unha constante fonte de novas. O seguinte capitulo será saber como o Psoe local resolve a súa crise de liderado da que pode depender a integración, ou non, no goberno municipal. 

Post navigation

Previous: USC e concello de Santiago debuxan un camiño xuntos
Next: San Finx e Varilongo baixo a mirada da ONU

Máis novas

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Axenda

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Un dos traballos de mellora realizados en pistas de Frades
2 minutes read
  • Frades

Frades acomete un intenso programa de bacheo nas distintas parroquias

Imaxe do pleno de Ames sobre o mercado de abastos
4 minutes read
  • Xeral

O mercado de abastos de Ames dependerá dunha subvención de 2 millóns de euros

Lugar de Agromaior no concello de Teo
2 minutes read
  • Xeral

Teo licita o acondicionamento do viario municipal en Agromaior

Cartel da andaina por parellas de Rois
3 minutes read
  • Axenda

A XVIII Andaina por Parellas de Rois aprázase a setembro

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2771) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2672) sindicatos (109) Social (551) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (580) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.