Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

A expulsión dos concelleiros do PSOE salpicada polo caso de Santos Cerdán

compostela non adscritos denuncia SLIDE 15 xunho 2025

Nun comunicado os catro ex concelleiros do PSOE, agora non adscritos, piden a revisión do expediente de expulsión asinado por Cerdán e acusan a Aitor Bouza de irregularidades nas primarias locais

Imaxe xerada por IA

A situación do PSOE a nivel nacional, a causa dos audios do dimitido secretario de organización Santos Cerdán, comeza a estenderse por distintos sitios de España e Compostela é un deles.

Os catro concelleiros non adscritos de Santiago (Gonzalo Muíños, Mercedes Rosón, Mila Castro e Marta Álvarez) emitiron un comunicado no que indican que pedirán ao partido a revisión do expediente de expulsión que foi asinado por Santos Cerdán.

O que podería parecer un argumento feble vai acompañado dunha acusación de presuntas irregularidades na elección da nova comisión executiva do PSOE en Santiago, e de Aitor Bouza como secretario xeral da agrupación.

O proceso de expulsión.

Os ex militantes do Psoe destacan da súa expulsión que “foi o secretario de Organización dimitido, Santos Cerdán, quen asinou finalmente a nosa expulsión do partido; tras ser ratificada a súa decisión por unha delegación do Comité de Ética e Garantías do PSOE. É oportuno sinalar que non foi convocado todo o Comité, senón só dúas persoas do mesmo, para acelerar a decisión de expulsión do partido, unha celeridade que non vemos na expulsión, por exemplo, do aínda militante socialista, José Luís Ábalos”. 

 Os non adscritos queren que, xa que se fará unha auditoría das contas do partido tamén se deben revisar as actuacións do ex secretario de organización Santos Cerdán e por iso “remitiremos novamente unha carta ao Secretario Xeral do PSOE e Presidente do Goberno, Pedro Sánchez, para que revise o noso expediente de expulsión e, sobre todo, analice as irregularidades que se produciron, tanto na tramitación dos expedientes como, nos intentos previos de deslexitimación do Grupo Municipal Socialista e, mesmo, na elección do secretario xeral local, Aitor Bouza Manso, así como a súa Comisión Executiva Municipal”. 

A elección de Aitor Bouza

A segunda parte do comunicado dos concelleiros expón unha grave acusación sobre a elección da executiva local que, explican, foi denunciada ante a comisión de garantías do PSOE sen que se tomara en consideración.

Os ex militantes din que “Cremos que a opinión pública debe saber que, con carácter previo á elección da Comisión Executiva Municipal, integrada por Aitor Bouza Manso, Marta Álvarez-Santullano ou Pedro Blanco, entroutros, produciuse unha afiliación masiva de dubidosa legalidade”. 

 Dan detalles do sucedido que din foi posta en coñecemento do partido “Uns días antes de que se pechara o censo electoral que debía elixir a nova CEM, logo da dimisión de Sánchez Bugallo, o departamento de altas e censo federal comunicou 35 novas altas e traslados simultáneos de novos militantes á agrupación de Santiago, o que representa máis dun 10% do censo total”.

Engaden que se trata dunha situación anómala antes dun proceso como a elección da  executiva local pero que o correo onde se comunicaba este feito nunca recibiu resposta. Lembran ademais que esta “afiliación masiva de dubidosa legalidade” comunicouse ao instrutor do primeiro expediente, Moisés Rey “que era plenamente coñecedor desta situación ao igual que o secretario provincial, Bernardo Fernández, quen chegou a dicir me importa un huevo quedarme sin Grupo Municipal Socialista en Santiago”.

Os catro concelleiros rematan o comunicado destacando que  “o secretario de Organización federal, Santos Cerdán coñecía tamén o sucedido coas afiliacións masivas xa que, nas alegacións presentadas ante Ferraz, recibiu as probas documentais que así o demostraban. En ningún caso, ningún destes cargos do partido, considerou relevante investigar este suceso que pon en tela de xuízo a lexitimidade do proceso de elección da actual Comisión Executiva Municipal, tamén a expulsión arbitraria que esta promoveu contra nolas catro”. 

Consideran que estes feitos demostran que o obxectivo, desde a mesma chegada do secretario xeral, Aitor Bouza, á agrupación de Santiago de Compostela, era relegarnos ao ostracismo político, limitar a nosa capacidade de influencia na agrupación e, en última instancia, expulsarnos do partido e forzar que entregásemos as actas de concelleiros para que el mesmo puidera entrar na Corporación Municipal”.

Post navigation

Previous: Juan Casares fala dos límites do planeta nos Luns do Ateneo
Next: O alcalde de Touro vai por libre

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.