Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Urxen a que se licite o servizo dos centros socioculturais de Santiago

compostela psoe entros socioculturais slide 16 febreiro 2025

Compostela, 16 de febreiro do 2024 – O PSdeG no concello de Santiago preguntará ao goberno municipal polos pregos de licitación do servizo de xestión dos centros socioculturais.

 Os edís socialistas mantiveron unha reunión con representantes sindicais dos traballadores. O encontro serviu para coñecer, ademais das demandas dos empregados, que o servizo nos centros socioculturais “segue a presentar importantes carencias”.

A socialista Mercedes Rosón destaca os problemas da empresa Serviplus que se encarga do contrato máis amplo dos 4 nos que se divide a concesión, o de animación sociocultural con actividades recreativas, de ocio e de tempo libre. 

 Rosón insiste en reclamar que se axilice a nova licitación, como xa fixo en decembro do pasado ano, cando comezaron a circular informacións “preocupantes” sobre a saúde económica da empresa responsable do servizo.

Agora, explica a edil socialista, persisten as dificultades dos traballadores para cobrar as nóminas (arredor de 70 dependen desta empresa) recibíndoas tarde “con varios días de retraso”.

Ademais, asegura que as representantes dos traballadores téñenlle trasladado ao Grupo Municipal Socialista importantes deficiencias na prestación do servizo, concretamente no relativo á falta de materiais e na coordinación do persoal dos centros socioculturais “Hai baixas que non se cobren e certo descontrol, que provoca un detrimento na calidade do servizo” explica Mercedes Rosón.

A concelleira engade que isto ten consecuencias para as facilidades de conciliación dasfamilias “pode ocorrer, e así nolo trasladan, que haxa persoas usuarias que chegan a un centro e que este estea pechado porque non se cubre a unha traballadora que ese día non pode ir a traballar con motivos xustificados”. 

Ante esta situación Mercedes Rosón reclámalle ao goberno local un calendario con prazos concretos para a nova licitación do servizo, xa que o 30 de xuño deste 2025 remataría a prórroga que o executivo concedeulle ao actual contrato “queremos, e sobre todo as persoas que dependen laboralmente deste servizo, queren ter a certeza de que antes desa data, haberá un novo contrato adxudicado”.

Post navigation

Previous: O patrimonio dos lavadoiros en Compostela
Next: A Baña quentou o domingo coas filloas da pedra

Máis novas

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Axenda

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Un dos traballos de mellora realizados en pistas de Frades
2 minutes read
  • Frades

Frades acomete un intenso programa de bacheo nas distintas parroquias

Imaxe do pleno de Ames sobre o mercado de abastos
4 minutes read
  • Xeral

O mercado de abastos de Ames dependerá dunha subvención de 2 millóns de euros

Lugar de Agromaior no concello de Teo
2 minutes read
  • Xeral

Teo licita o acondicionamento do viario municipal en Agromaior

Cartel da andaina por parellas de Rois
3 minutes read
  • Axenda

A XVIII Andaina por Parellas de Rois aprázase a setembro

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2771) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2672) sindicatos (109) Social (551) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (580) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.