Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Axenda

As Torres Hejduk serán un banco sonoro e visual de experiencias do camiño

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura e Turismo, vén de premiar un proxecto que, a modo de instalación artística efémera, converterá as icónicas Torres Hejduk da Cidade da Cultura nun banco de memorias e experiencias do Camiño de Santiago.
torres-gaias-banco-de-sons-slide-4-de-novembro-do-2019-(1)_r

Table of Contents

Toggle
  • Compostela, 4 de novembro do 2019 – A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura e Turismo, vén de premiar un proxecto que, a modo de instalación artística efémera, converterá as icónicas Torres Hejduk da Cidade da Cultura nun banco de memorias e experiencias do Camiño de Santiago.
    • Os peregrinos no centro da intervención
    • Inauguración no verán do 2020
    • Colectivo Cantz

Compostela, 4 de novembro do 2019 – A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura e Turismo, vén de premiar un proxecto que, a modo de instalación artística efémera, converterá as icónicas Torres Hejduk da Cidade da Cultura nun banco de memorias e experiencias do Camiño de Santiago.

A proposta, presentada polo Colectivo Cantz, formado polos artistas visuais Felipe Romero, de Colombia, e Marius Ionut Scarlat, de Romanía, foi seleccionada como vencedora no VII Concurso de Intervencións Artísticas nas Torres Hejduk, convocado entre os e as participantes do Encontro de Artistas Novos Cidade da Cultura 2019.

Torres HejdukO proxecto propón sumar ás pegadas que o Camiño de Santiago deixa nas persoas que o experimentan, desde o relato oficial a través dos selos da credencial ata as marcas no propio corpo, un novo tipo de evidencia: un depósito de rostros e vivencias. Este rexistro construirase a través da experiencia dos artistas durante o Camiño, recollida nun diario fotográfico a modo de fotolibro, e dunha serie de entrevistas realizadas na praza do Obradoiro durante tres semanas, que se proxectarán nas Torres Hejduk en tempo real e continuarán dispoñibles no espazo para a consulta dos e das visitantes que se acheguen ao espazo.

Os peregrinos no centro da intervención

O proxecto do Colectivo Cantz foi elixido como vencedor entre as 11 propostas presentadas ao VII Concurso de Intervencións Artísticas nas Torres Hejduk, tres delas colectivas. O xurado valorou deste proxecto a súa vocación de colocar como suxeito activo da intervención as protagonistas principais do camiño: as persoas peregrinas.

Os dous artistas promotores desta proposta traballan a partir da imaxe fotográfica e teñen desenvolvido proxectos en Italia, Colombia, Arxentina, Romanía ou Israel, abordando cuestións como o territorio, a historia e a identidade. O seu traballo sitúase nos límites da lóxica documental, interesándose especialmente en lugares que permiten expandir o medio fotográfico, servindo como dispositivo de reflexión visual.

Inauguración no verán do 2020

A intervención do Colectivo Cantz inaugurarase, como é costume, o derradeiro día do vindeiro Encontro de Artistas Novos (EAN), que se celebrará no verán de 2020. Na actualidade, aínda pode visitarse, ata o 15 de decembro, a intervención gañadora da pasada edición, titulada Stay Here e realizada polo artista sevillano Alejandro Ginés. Esta peza escultórica, a modo de torre coroada por unha cadeira pregada, converte as Torres Hejduk nunha especie de enxeñosa matrioska, que convida á participación de quen a ve, tanto no seu hipotético manexo como nas súas múltiples lecturas, entre as que atopamos conceptos como a ambición, as relacións de poder, o estatus social, as desigualdades, ou a competitividade.

Colectivo Cantz

Felipe Romero Beltrán (1992, Colombia) é fotógrafo e artista visual. Desenvolveu proxectos artísticos en países como Colombia, Arxentina, Israel e España. Actualmente, desenvolve proxectos de investigación arredor da imaxe fotográfica e as tensións no territorio. Foi premiado en certames como ArteCámara ARTBO 2019, Encontros da Imagem Discovery Award 2019, Tabacalera Cantera 2019, Photoespaña 2019, New York Times Call 2019, Sony Photography Awards, Canon Student program, Visa pour l’image, Burn Magazine Magnum Foundation, Luca Dolega París, ou World Nomads Japón.

Marius Ionut Scarlat (1993, Romanía) está graduado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Alcalá, pero comezou a súa carreira como fotógrafo tras rematar o Máster en Fotografía artística na Escola TAI. Desenvolveu o seu traballo fotográfico en países como Romanía –de onde é orixinario–, España, Reino Unido ou Italia. Participou en concursos nacionais e internacionais como PhotoEspaña, Magnum Foundation, Tabacalera, La Máquina, World Nomads, Visa pour l’image ou Matera European Photography.

Post navigation

Previous: Cineuropa, comezar tras 33 edicións
Next: O rural de Brión recibe a fibra óptica

Máis novas

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Axenda

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Cartel da andaina por parellas de Rois
3 minutes read
  • Axenda

A XVIII Andaina por Parellas de Rois aprázase a setembro

compostela programación apostolo 15 xullo 2026
12 minutes read
  • Axenda

Que e quen no Apóstolo 2026

Sindo Guinarte e Marta Aball, concelleiros socialistas que piden a modificación da ordenanza de convivencia
2 minutes read
  • Xeral

Piden a actualización da ordenanza de convivencia de Santiago

Cartel do festival emerxente de Ames
5 minutes read
  • Ames

Ames prepara xa o Festival Emerxente

Monmento en que asinan o acordo s deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González; a deputada de Cultura da Deputación de Lugo, Iria Castro; e a presidenta do Consello da Cultura Galega, Dolores Vilavedra.
3 minutes read
  • Compostela

Escola, cultura e territorio

Un momento da subida ao monte en procesión na romaría do Santiaguiño
3 minutes read
  • Xeral

Festas do Santiaguiño en Padrón

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2771) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2672) sindicatos (109) Social (551) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (580) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.