Compostela, 13 de setembro do 2023 – O ocio nocturno de Compostela porá en marcha un Protocolo para a Abordaxe das Violencias Sexuais e LGTBIfóbicas en Espazos de Ocio Nocturno.

A alcaldesa Goretti Sanmartín e o concelleiro de Convivencia, Xan Duro, mantivo un encontro para lanzar este protocolo. Participaron ademais asociacións de hostalaría, forzas e corpos de seguranza, representación das mulleres e do colectivo LGTBI; representantes de colexios profesionais, do ámbito xudicial, da oficina da Valedora do Pobo e dos grupos municipais.
Goretti Sanmartín dixo ao remate do encontro que “Con este protocolo queremos dar un paso máis en cambiar as condutas de violencia que se producen, especialmente, no lecer nocturno para conseguirmos que Santiago de Compostela sexa unha cidade libre de violencias”.
Nas vindeiras semanas, incluiranse cuestións que se compartiron na xuntanza para poñer a andar o protocolo canto antes. Un dos aspectos máis importantes da posta en marcha do protocolo é o compoñente de formación para as persoas profesionais do sector da hostalaría e do taxi.
Desde o Concello de Santiago faise un chamamento para que os locais de ocio nocturno se adhiran e se inicie un proceso de concienciación contra as violencias lgbifóbicas que terá un distintivo que vai visibilizar lugares respectuosos coa diversidade.