Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Compostela
  • Xeral

A atención primaria reclamará melloras este sábado en Compostela

O sindicato CIG convoca unha protesta este sábado en Compostela para defender a atención primaria e reclamar melloras e inversións.
cig-falta-prazas-primaria-en-decembro-slide-8-outubro-2019_r

Bisbarra, 26 de xaneiro do 2023 – O sindicato CIG convoca unha protesta este sábado en Compostela para defender a atención primaria e reclamar melloras e inversións.

Os problemas na atención primaria afectan a todo o sistema. No 2017 xa falabamos dos colapsos das urxencias, no 2019 a medicina de familia poñíase en folga, no 2021 os centros de saúde seguían pedindo inversións e hai uns meses presentábase unha ILP pedindo cambios na lexislación. Os problemas actuais non poden ser unha sorpresa para ninguén.

A Asemblea de Áreas Sanitarias (AAS) de facultativos/as de Atención Primaria convoca unha folga este mércores para denunciar a situación na que se atopan.

Agora, unha vez máis, pediranse cambios na rúa. CIG-Saúde demandou en rolda de prensa, un modelo de atención primaria “que dea as e os profesionais os recursos necesarios para poder atender con dignidade as necesidades da cidadanía. Un modelo que precisa de persoal suficiente e dunha estrutura organizativa que planifique, xestione e a dote deses recursos”.

A concentración está convocada para o vindeiro sábado día 28 de xaneiro, ás 12:00h, na praza de Praterías,  co lema “Máis Atención Primaria”.

O secretario nacional de CIG-Saúde, Manuel González Moreira, que compareceu acompañado dos membros da Executiva Nacional da federación, Xabier Alvedro e Lucía Peón, denunciou que o modelo de xestión integrada ou de áreas sanitarias que se desenvolveu nos últimos anos anulou “a capacidade de planificación e de xestión da Atención Primaria, mesmo desaparecendo a súa denominación das estruturas de xestión da Sanidade Pública”. Unha situación que considerou que foi “un grave erro que fixo perder recursos” e que denunciou que “formou parte dunha estratexia para debilitar a atención primaria da que agora estamos pagando as consecuencias”.

Defendeu a recuperación das Xerencias de Atención Primaria e a creación de equipos multidisciplinares para dar resposta ás necesidades das e dos doente e a incorporación de novas/os profesionais para atender ás novas necesidades. Nese sentido lembrou que, por exemplo, en 2008 incorporáronse fisioterapeutas, pero non se incrementou o cadro de persoal e “agora as agardas para conseguir citas son tan longas que son inoperativas, non resolven os problemas e moitas delas acaban na privada”.

Do mesmo xeito reclamou a incorporación de psicoloxía clínica para a atención aos problemas de saúde mental e de terapia ocupacional. Profesionais que, explicou, “poden axudar a resolver problemas sen sobrecargar as consultas de medicina de familia ou de enfermería e que permitirían acurtar as citas”.

Post navigation

Previous: Incidencias a través do móbil no concello de Rois
Next: Oroso presentou o ciclo de comedia “HumOroso”

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.