Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Compostela acende o alumeado de Nadal este venres

compostela-prende-o-nadal-slide-28-novembro-2024_r

Compostela, 28 de novembro do 2024 – Santiago de Compostela inicia este venres as actividades de Nadal baixo o nome xenérico de  “Compostela prende o Nadal”.

A festa comezará ás 18:30 horas con dúas ruadas de música que guiarán Brincadeira, con saída da Porta do Camiño, e Cantigas e Agarimos, desde a Carreira do Conde. No percorrido destas ruadas, haberá paradas na praza de Cervantes e na praza do Toural, para prender a iluminación nestes dous espazos e ir recollendo estrelas.

Xa no Obradoiro, a partir das 19 horas, terá lugar un espectáculo de animación da Compañía Pablo Méndez con varias figuras xigantes de luz e as actuacións da soprano Esperanza Mara e de DJMil, como antesala do momento do acendido da árbore e da fachada do Pazo de Raxoi. A Festa pecharase cunha chocolatada para todas aquelas persoas que se acheguen á praza.

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín; a primeira tenenta de alcaldesa, María Rozas; e a concelleira de Festas, Pilar Lueiro, avanzaron o programa das Festas de Nadal que retoma este ano a marca “Compostela, a estrela do Nadal”, inspirada na simbólica estrela de oito puntas de Santiago.

Este novo programa aglutina máis de 300 actividades para todos os públicos e en diferentes barrios e parroquias co obxectivo de converter estas festas no “Nadal da participación”, no que veciñanza e visitantes gocen de Compostela a pé de rúa “apostando pola diversidade, pola dinamización da actividade comercial e cultural”.

A alcaldesa explicou que as festas máis “ilusionantes do ano” volven por segundo ano consecutivo baixo a marca “Compostela, a estrela do Nadal” cun obxectivo común, no que están a traballar todos os departamentos municipais, que é de facer “o mellor Nadal posible para veciñanza e visitantes, para todo tipo de públicos, para todas as idades, apostando pola diversidade, pola dinamización da actividade comercial e cultural, e estendendo os puntos de interese por todo o territorio”

A rexedora adiantou que o programa ofrecerá máis de 300 actividades, no que pretende ser o “Nadal da participación, no que a xente se implique de maneira activa, a pé de rúa, para gozar Compostela e non só para facer fotos, senón para partillar e para enriquecérmonos como comunidade”

Espazos principais de actividades serán a praza Roxa, a Alameda, a carreira do Conde e os centros socioculturais cun nutrido programa de actividades e obradoiros. Non faltarán iniciativas tradicionais como a ruada do Apalpador, a Carreira de San Silvestre, a festa de Fin de Ano e a tradicional Cabalgata de Reis, que serán presentadas nas vindeiras semanas. O Auditorio de Galicia tamén acollerá o vindeiro 21 de decembro a Festa do Apego.

Pola súa banda, a primeira tenenta de alcaldesa, María Rozas, reivindicou unhas Festas de Nadal que “se convirtan nas festas de referencia de Santiago” e nas que “todos os veciños e veciñas de Compostela teñan ducias de motivos para sairen ás rúas e desfrutar das diferentes opcións que poñeremos en marcha ao longo deste mes de decembro”.

A primeira tenenta de alcaldesa fixo un avance das principais propostas de ocio desenvolvidas polas áreas de comercio e a xuventude, da que destacou que son “actividades para públicos moi diferentes, con especial atención á infancia e á mocidade” que  tamén buscan a “dinamización comercial” nestas datas, para que a xente se anime a percorrer as rúas de Santiago e se achegue ao “pequeno comercio local que axuda a facer cidade”.

A concelleira de Festas anunciou que este ano iluminaranse un total de 129 rúas e prazas, “un número similar ao do ano pasado, mais hai algunhas novidades na iluminación dos edificios”, como a volta da iluminación á fachada do pazo de Raxoi tras as obras do ano pasado, e que virá acompañada dun “espectáculo de luz do que non queremos desvelar moito para manter a sorpresa ata o venres”. 

Tamén contarán con iluminacións especiais as fachadas da Casa do Cabido en Praterías, da Zona C na praza de Cervantes, o Teatro Principal, a sede do Consorcio de Santiago e a praza da Quintana. O paseo da Ferradura, no tramo que vai desde a Porta dos Leóns ata o miradoiro do Banco dos Namorados, e a contorna de Bonaval, tamén lucirán intervencións lumínicas “que terá como motivo central as estrelas de oito puntas”.

A praza de Galicia, praza Roxa, Xoan Carlos I, As Cancelas, Porta da Pena, as rotondas de acceso á cidade, así como 23 puntos das parroquias contarán con motivos ou conxuntos de elementos de luz singulares.

Pilar Lueiro tamén explicou que os xardíns das 8 puntas estarán situados este ano, ademais da praza do Obradoiro, no barrios do Castiñeiriño, Sar, As Fontiñas, Vista Alegre, Santa Marta, Conxo, a Pastoriza e na Cruz de San Pedro e convidou a todas as persoas que o desexen a bicarse debaixo do visgo e a usar estes espazos como fotocol “para presumir de barrio e de Nadal”.

Ademais, anunciou que este ano unirase a iniciativa “o álbum dos bicos” coa instalación dun fotomatón que irá rotando polos diferentes xardíns as fines de semana para poder facer fotos que se poden subir ás redes sociais cos cancelos #biconovisgo #xardindasoitopuntas e #compostelaaestreladonadal.

Post navigation

Previous: O 15 de decembro celebrarase o mercado de Nadal da Baña
Next: Teo aproba un orzamento de 18,5 millóns de euros para o ano 2025

Máis novas

Un momento do pleno de Brion no que se destinou un millón de euros ao pago de facturas
4 minutes read
  • Xeral

Brión rebaixa a taxa do lixo

Rois: aprobadas en pleno a renovación de ordenanzas fiscais
3 minutes read
  • Xeral

Rois actualiza licencias e cede xestión á Deputación

Concello de A Estrada_DSC9226 slide_r
3 minutes read
  • Xeral

Reclama que se respete na Estrada a Lei de Memoria Democrática

compostela arco de mazarelos_good 7 novembro 2026
3 minutes read
  • Compostela

Unha nova vida para o Arco de Mazarelos

ateneo desafios intelixencia artificical 7 novembro 20226
2 minutes read
  • Xeral

Os desafíos da Intelixencia Artificial nos Luns do Ateneo

mancomunidade ordes saida patrimonio 5 novembro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Nova saída para coñecer a Mancomunidade de Ordes

bng maes parquing milladoiro 6 novembro 2026
3 minutes read
  • Xeral

As incógnitas do aparcadoiro do Milladoiro

deputacion via verde remata en marzo 6 de novembro 2026 (1)
4 minutes read
  • Xeral

A Vía Verde podería estar rematada en marzo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (116) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2831) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (834) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (740) Politica (951) saúde (534) Servizos (2704) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.