Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Axenda

Volven os 12 doces de outono a Compostela

Distintos centros sociais de Santiago acollen un ano máis a mestura de espectáculo e gastronomía cos 12 doces de outono.
SONY DSC

SONY DSC

Table of Contents

Toggle
  • Compostela, 25 de setembro do 2019 – Distintos centros sociais de Santiago acollen un ano máis a mestura de espectáculo e gastronomía cos 12 doces de outono.
    • 12 citas en 12 lugares
    • Gastronomía de outono

Compostela, 25 de setembro do 2019 – Distintos centros sociais de Santiago acollen un ano máis a mestura de espectáculo e gastronomía cos 12 doces de outono.

Unha programación para toda a familia que se celebrará do 27 de outubro ao 17 de novembro. A sexta edición de 12 doces de outono foi presentado polo concelleiro de Centros Socioculturais, Javier Fernández, acmpañado por Emi Candal, de Urdime (cooperativa encargada de deseñar o programa), e por Atenea García, Paula Carballeira e Xoán Curiel, tres dos artistas que participarán nos espectáculos.

12 citas en 12 lugares

12 doces de outonoO programa desenvolverase nos centros de Conxo, Romaño, Nemenzo, O Castiñeiriño, A Rocha, Laraño, Fontiñas, Grixoa, Vite, Santa Marta, Bornais e O Ensanche. Cada domingo, 12 doces do outono chegará a un centro en horario de mañá, ás 12:30 horas, e a outros dous en horario de tarde, ás 18:00 horas. A entrada será sempre de balde, ata completar aforo.

A primeira xornada, o 27 outubro, no Centro Sociocultural de Conxo con Fantoches Baj e a súa proposta Os romeiros do caracol. Pola tarde, Xoán Curiel e Charo Pita entreterán ás familias no CSC do Romaño co seu espectáculo Canta miña pedra canta. Á mesma hora, o LSC e Nemenzo acolle Contos para un mundo mellor, con Gloria Mosquera e Diego Maceiras.

O 4 de novembro, o espectáculo da mañá será no Centro Sociocultural do Castiñeiriño, con Iseo A Moura e Se as árbores falaran. Pola tarde poderemos desfrutar no LSC da Rocha con Atenea García e a súa proposta Bichocas, e no LSC de Laraño con Marta Ortiz, que presenta Mulleres de sal.

Para o 10 de novembro está programado o espectáculo A ovella Engracia, con María Lado e Lucía Aldao, pola mañá no CSC das Fontiñas, mentres que Paula Carballeira estará pola tarde en Grixoa con O río da bruxa, ao tempo que Teatro Ghazafelhos representa O país dos mandóns no CSC de Vite.

Por último, o domingo 17 de novembro, o Centro Sociocultural de Santa Marta acollerá pola mañá Cyclo, de El Callejón del Gato. En horario de tarde, no CSC de Bornais, Príncipes e princesas, de Os Contos de Pablísimo; e no CSC do Ensanche, A tortoise, un can, two monsters e un pícnic, con Pérez & Fdez.

Títeres, narración, música e teatro configuran unha programación que, en palabras de Emi Candal, responde a tres eixes temáticos: o coñecemento do patrimonio oral, o teatro reivindicativo do respecto ao medio ambiente e o compromiso coa igualdade.

Gastronomía de outono

O programa 12 doces do outono complétase coas degustacións de produtos propios desta época do ano, como marmelo, castañas, cabazas… Os doces poden ser elaborados nos propios centros cívicos no marco de obradoiros de cociña, ou ser achegados polos propios veciños e veciñas dende as súas casas. O obxectivo é poñer en valor os produtos do outono, ao tempo que se xera unha maior interrelación entre as persoas que participan nas actividades, fundamentalmente entre os nenos e nenas.

Post navigation

Previous: Cores de outono, un roteiro polo Río Vilacoba
Next: Roberto Rey, alcalde de Frades: “non pode ser que un mozo do rural pague polo transporte para ir a estudar mentres os das vilas viaxan gratis”

Máis novas

museo do pobo programacion slide otubro (3)
6 minutes read
  • Xeral

Outubro no Museo do Pobo Galego

ateneo avaro ortiz 5 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Álvaro García Ortiz da unha conferencia no Ateneo

usc territorios que lideran 2 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

A USC impulsa o Foro “Territorios que lideran”

silleda-subrogacion-saf-slide-24-xaneiro-2022_r
2 minutes read
  • Compostela

Siad 24 sen argumentos para non pagar as nóminas do SAF

DANIEL CROS Y LAS ALMAS
2 minutes read
  • Xeral

Daniel Cros trae Las Almas Sedientas a Santiago

compostela maker faire xornada industria 30 setembro 2026
3 minutes read
  • Xeral

A Maker Faire Galicia organiza unha Xornada de Industria

fundacion granell inauguracion expo slide 30 setembro 2026
2 minutes read
  • Xeral

“Bata paisana. Bravas do país” na Fundación Granell

Luz-Fandinho-slide-29-abril-2024-151_r
2 minutes read
  • Xeral

Luz Fandiño terá o seu recoñecemento

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2814) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (449) Educación (776) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (823) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (735) Politica (949) saúde (533) Servizos (2698) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (585) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.