Tras a reunión mantida esta semana a Asociación Raigame recomenda una serie de medidas que aumenten a presión social e visibilice a problemática na zona nova.

Esta semana a Asociación Raigame convocaba aos veciños da zona nova a unha reunión para debater o problema de “violencia, drogas e alcohol” que sofre o barrio.
Do encontro saíron unha serie de recomendacións encamiñadas a aumentar a presión social e visibilizar eses problemas da zona nova. Desde denuncias a gravacións de vídeos e informes médicos serán os argumentos da veciñanza ante as institucións.
Unha minoría ilegal
A Asociación asegura que na zona nova “se está contaxiando por toda a cidade un modelo de negocio de ocio nocturno onde uns poucos empresarios sen escrúpulos fan da rúa unha extensión gratuíta dos seus locais a onde botar aos violentos e onde o trapicheo de drogas faise sen que ninguén llelo impida”.
Raigame di ter comprobado que menos do 2% do sector da hostalería causa o 98% das queixas veciñais. Un sector que na súa maioría cumpre a legalidade e cuxa reputación é “manchada por unha minoría de empresarios neglixentes do negocio do ocio que actúan ao marxe da legalidade atentando contra os dereitos fundamentais da veciñanza, cousa penalmente punible”.
A asociación pon o foco nun círculo vicioso por desgraza ven coñecido. Si existe, como parece, un tráfico de drogas, os drogodependentes acaban por cometer roubos ou agredir a viandantes para conseguir o que precisan. Delitos que non son denunciados por medo a represalias o que da carta branca para que se reptan os feitos entrando a zona nunha espiral difícil de parar.
Raigame pon como exemplo do que sucede na zona nova un piso na rúa santiago de Chile “no que se trafica e os veciños viven aterrados porque reciben ameazas para silencialos. Un tráfico de drogas que aumentou moito na Zona Nova nos últimos meses despois de que a presión social do Barrio de Santa Marta obrigara á intervención policial sobre dous pisos de traficantes e a distribución de drogas se trasladara ao noso”.
Pasar á acción
A Asociación Raigame pídelle aos veciños que “grave vídeos e os comparta con nós e cos seus amigos e achegados. Porque un problema que non se visibiliza non existe”.
Tamén aconsellan que aquelas persoas que sofren os ruídos de locais do negocio do ocio nocturno ou de pisos ruidosos, presenten denuncia por escrito ante o departamento de Disciplina Urbanística do Concello.
Que as persoas que teñen informes médicos que avalen a súa situación por non poder durmir, ou pola ansiedade que lles provoca vivir en condicións de inseguridade continúa, que actúen penalmente contra os causantes, sexan pisos ou locais de negocio do ocio nocturno.
Para Raigame “Trátase dunha vulneración dun dereito fundamental e como tal é penalmente punible. Este custo pode estar cuberto polo seguro de vivenda que se teña contratado. Aquel dereito que non se defende nos tribunais non existe”.
A aquelas Comunidades de Propietarios que sofren problemas de convivencia, “recomendarlles que actúen legalmente contra aqueles pisos e locais de negocio de ocio que alteren a convivencia. É un dereito contemplado na Ley de División Horizontal. Este custo procesal pode estar cuberto polo seguro de responsabilidade civil que toda Comunidade ten contratado”.
Peticións as institucións
Ao Concello de Santiago e á súa alcaldesa “”exixímoslle que faga cumprir inmediatamente as Ordenanzas Municipais en materia de horarios, licenzas e sonómetros dos locais de negocio do ocio nocturno na nosa cidade e clausure os afters que están exercendo con licenza de bar en Santiago de Chile e Fernando III O Santo.
Piden tamén que se adiante en 2 horas o peche de pubs e discotecas “cousa que acaban de facer recentemente os Concellos de Lugo e Coruña para protexer o descanso da veciñanza”.
Ao Goberno da Xunta de Galicia e á Consellería competente piden “que adapte a normativa de horarios dos negocios do ocio nocturno á da Unión Europea e se inspire na normativa actualmente en vigor no País Vasco”.
Á Policía Local que “actúe con dilixencia e non responda con desprezo cando reciba as chamadas da veciñanza molesta polo ruídos xerados en pisos e locais de negocio de ocio. Ou cando se altere a orde na rúa con pelexas e consumo de drogas e alcohol na vía pública”.
Á Policía Nacional e ao Delegación do Goberno “que actúe contundente e coordinadamente contra o narcotráfico crecente que impera con aparente impunidade para evitar que as actuacións puntuais trasladen o problema a outras zonas da cidade”.
