Compostela, 14 de abril do 2020 – A preguntas dos xornalistas o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recoñeceu que o síndrome de abstinencia comeza a xerar problemas na cidade.
A falta de venda de drogas derivada do confinamento provoca que toxicómanos habituais xeren provoquen problemas adicionais polo síndrome de abstinencia.
O caso máis agudizado é o das reiteradas denuncias na Avenida de Coimbra. Pese a que o problema viña de antes da corentena o alcalde recoñece que é difícil atallalo xa que ten que ser un xuíz o que decida
Os enfrontamentos entre drogadictos e veciños incrementáronse nas últimas semanas pese a maior presencia policial.
Adquisición e reparto de material
Na Xunta de Goberno deste luns autorizouse a adquisición de dous termómetros dixitais. “A día de hoxe contamos con catro termómetros, con medición por infravermellos, repartidos entre a Policía Local, a UMAD e os Servizos Sociais, pero necesitamos algún máis e temos solicitado outras 10 unidades”, explicou o alcalde. Tamén se aprobou a adquisición de 80 máscaras para o persoal municipal.
Seguindo coa cuestión das máscaras, o rexedor apuntou que xa hoxe “se están repartindo as 8.000 máscaras hixiénicas facilitadas pola Delegación do Goberno e outras 5.000 entregadas pola Xunta”. Indicou que “o obxectivo é manter o reparto no transporte urbano durante toda a semana” e atender algunhas peticións especiais, como a do Mercado de Abastos, ao que se lle facilitarán 500 máscaras para os/as usuarios/as das casetas”. A prioridade, insistiu, é “o transporte público e determinados servizos”.
Axudas a familias
Xosé Bugallo tamén dou conta do funcionamento do programa de tícket especial de compra, que permite a adquisición de alimentos e produtos de hixiene básicos en hipermercados e supermercados. Son unhas 750 familias as que fan uso deste bono de compra.
Segundo explicou o alcalde, os Servizos Sociais do Concello xa autorizaran este tícket especial de compra para 729 familias do municipio, pero “estes días recibíronse unhas 30 solicitudes máis, que resolverán esta mañá, polo que estaremos roldando as 750 ou 760 familias beneficiarias”. Indicou que “o obxectivo é manter este programa mentres dure esta situación especial, se ben tamén estamos á espera da decisión do Goberno sobre o ingreso mínimo vital”.
No marco deste programa de tícket especial de compra, apuntou o rexedor, na Xunta de Goberno de hoxe deuse conta da “sinatura de novos convenios ou duplicación dalgún con cadeas de supermercados como Gadis, Alcampo, Carrefour ou Familia-Eroski”.
Lembrou tamén Sánchez Bugallo que, ás familias beneficiarias do tícket especial de compra hai que sumar outras 174 familias ás que se lles distribúe alimentos directamente, os/as 255 nenos/nenas que fan uso do servizo de comedor escolar e o apoio prestado á Cociña Económica.
Residencias
A preguntas sobre a residencia DomusVi de San Lázaro, Sánchez Bugallo deu conta dos datos facilitados pola Xunta, que falan de 82 positivos entre os 156 internos/a, dos que 18 faleceron, e outros 38 positivos entre o persoal. Indicou que a maioría destas persoas foron trasladadas á residencia da Porta do Camiño. Sen descartar que esta situación “puidera xustificar unha intervención” por parte da Xunta, afirmou que “se o Sergas entende que as medidas adoptadas son a solución idónea, nos respectaremos o criterio dos profesionais”.