займ срочно

Santiago(é)tapas comeza as probas de selección

0

Compostela, 28 de setembro do 2022 – Este martes comezaron, na sede da Asociación de Hostalería, as probas dos candidatos a participar no XIV Santiago(é)tapas.

Todas as propostas deberán ser avaliadas por un xurado profesional antes de poder participar no concurso. O xurado aconsella sempre aos participantes e ata o momento nunca quedou excluída ningunha das tapas candidatas.

O equipo de preselección debe valorar que as propostas respondan ao concepto de tapa, entendendo por esta unha pequena porción de alimentos elaborados para acompañar cunha bebida. Non serán aceptadas aquelas que en realidade sexan racións ou medias racións e as que, ao seu xuízo, non ofrezan unha calidade mínima. Tampouco serán válidas para o concurso as tapas que habitualmente se sirvan de balde nos locais, aínda que se lles realizaran pequenas modificacións.

O xurado tamén debe comprobar que as tapas inclúan na súa elaboración produtos galegos de calidade contrastada, tales como produtos das distintas denominacións de orixe ou indicacións xeográficas protexidas, produtos de agricultura ecolóxica ou produtos do mar de Galicia certificados.

A organización comunicará aos locais a admisión ou non das tapas presentadas ao concurso. En caso de que a resolución sexa negativa, daráselles un prazo para presentar unha nova proposta ou ben mellorar a xa presentada.

‘Toleamos por (é)Tapas’

‘Toleamos por (é)Tapas’ é o lema desta edición do concurso, un evento promovido por Turismo de Santiago e organizado pola Asociación Hostalaría Compostela, que se desenvolverá do  27 de outubro ao 13 de novembro.

O XIV Santiago(é)Tapas volve a contar un ano máis co apoio de Cervezas Alhambra, en liña coa filosofía da marca que considera o tempo coma un ingrediente esencial á hora de elaborar as cousas que merecen a pena, como a boa gastronomía.

Tamén colaboran nesta edición Cash Récord, Banco Sabadell, Utimaq e a Asociación de Celíacos de Galicia.

Santiago(é)Cóctel

Durante estes tres días de probas de selección o xurado profesional avaliará tamén os cócteles que se inscribiron no III Santiago(é)Cóctel, concurso de cócteles que organiza a Asociación Hostalaría Compostela, co patrocinio de Cash Record e Royal Bliss.

Este certame celebrarase nas mesmas datas que o XIV Santiago(é)Tapas, do 27 de outubro ao 13 de novembro de 2022.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies