Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Colocan a primeira pedra do novo CESGA

cesga-premio-cpeig-slide-27-setembro-2021_r

O novo cuartel xeral da super Computación en Galicia estará no polígono da Sionlla. O investimento no novo CESGA, entre infraestrutura e equipamentos, superará os 56 millóns de euros.


O Centro de Super Computación de Galicia, CESGA, aínda terá que esperar para trasladarse ás novas instalacións pero a colocación da primeira pedra marca o inicio dunha nova etapa. As actuais instalacións hai tempo que se sabían insuficientes pero o cambio precisaba dunha planificación e recursos complicados de conseguir.

No acto de colocación da primeira pedra participaron o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o Delegado do Goberno, Pedro Blanco, entre outras autoridades e responsables do CESGA. Este é o primeiro proxecto que recibe a nova cualificación administrativa de proxecto estratéxico de investigación pública, unha nova figura administrativa que permite simplificar trámites e reducir tempos,

Pedro Blanco destacou que o investimento do Ministerio de Ciencia e Innovación a través do Plan de Recuperación, 47,4 millóns de euros, permitirán construír “o auténtico epicentro tecnolóxico do noso país e unha das grandes referencias da innovación en Europa”.

Para Blanco “a sede do CESGA marcará un antes e un despois para o desenvolvemento tecnolóxico do país, reforzando o papel de Galicia como un dos grandes nodos dixitais de Europa, capaz de atraer talento, xerar emprego e impulsar ciencia de excelencia”.

O Delegado  tamén expresou a súa felicitación ao persoal do CSIC e á súa delegada en Galicia, Carmen González, resaltando “décadas de traballo rigoroso, apaixonado e esencial para o avance científico. Grazas ao voso esforzo, Galicia é hoxe unha referencia nacional e internacional en investigación e por iso o CESGA tamén é voso”, destacou.

Pola súa banda o Presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou que “avances como o novo datacenter do CESGA ou a recente adxudicación da fábrica de IA. das que só haberá 19 en toda Europa, sitúan a Galicia na vangarda europea destes sectores”.

Rueda engadiu que “O que hai moito tempo parecía imposible, que este recuncho en España e Europa estivera liderando algo con tanto futuro e tan complexo como a tecnoloxía cuántica, hoxe é unha realidade”.

As instalacións albergarán, entre outro equipamento, o superordenador Finisterrae IV, que multiplica a capacidade do Finisterrae III, un novo sistema de almacenamento e un novo computador cuántico. En total, o investimento do centro ascenderá a 56 millóns de euros, entre construción e equipamento, cofinanciados con fondos europeos.

Durante o acto, Alfonso Rueda tamén aproveitou para deixar unha mensaxe en vídeo na cápsula do tempo virtual do CESGA, almacenada no tipo de dispositivos que o centro utiliza para datos importantes que necesitan ser conservados durante moito tempo.

Post navigation

Previous: A recta final do Outono Códax abre co rock de Valerie June
Next: José María Ezquiaga presidirá o xurado do concurso de ideas para o Conector Central de Santiago

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.