Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Compostela
  • Xeral

Prima 24, volve a festa do comercio local de Compostela

compostela-prima-24-slide-10-xunho-2024_r

Compostela, 10 de xuño do 2024 – Santiago de Compostela acolle un ano máis a festa do comercio local, Prima 24, os vindeiros 14 e 15 de xuño.

Prima 24 ofrecerá música pasarrúas, animación infantil e moitos agasallos. A programación foi presentada pola concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, que estivo acompañada pola técnica responsable da área de Comercio, Lucía Castro.

Rozas reiterou o compromiso do seu departamento co comercio local xa que “son os que fan cidade e os que mesmo contribúen a construír identidade”. Destacou ademais “a boa acollida, xa non só deste programa, senón de todas as actividades de dinamización que organizamos desde o departamento de Comercio ao longo do ano, como é o caso da época de Nadal”.

A programación de Prima 24 chegará a distintos recunchos da cidade comezando na tarde do día 14 con diferentes pasarrúas. Na zona vella correrá a cargo da banda Tanto nos ten; Pulpiño Viascón levará o seu show itinerante “A Trikidisco” por Conxo e Pontepedriña; e na zona de Concheiros e San Pedro estará a montaxe “O estrano caso do dentista da rúa Blasov”, de Troula Animación. Mentres, na Praza Roxa, desenvolverase a chamada “Prima pequena”, unha festa infantil con maxia e música, coas actuacións de Mamá Cabra, Joshua Kenneth e Pakolas.

Xa no sábado 15, a “Prima 24” chega cargada de propostas para todos os gustos. A praza de Cervantes acollerá unha exhibición dos mestres artesáns de Ourives de Compostela, que se vai desenvolver en horario de mañá e tarde, de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas.

Na Praza Roxa actuará o Trío Detrés co seu espectáculo “+Ritmo” a partir das 12.00 horas. Na axenda do sábado inclúense tamén cadanseu pasarrúas pola zona vella e polo Ensanche. O primeiro será pola mañá, coas acrobacias e malabares da compañía Tótem; e o segundo pola tarde, co repertorio de jazz dos Dixie Kings.

Por último, a praza de Feixóo será escenario de dous concertos: a partir das 13.00 horas a cargo da Ukestra do Medio, e ás 20.00 horas de Anxo Araújo. No caso de chuvia, estes concertos serán na praza de Mazarelos.

Ruleta de agasallos

Prima 24complétase coa xa tradicional ruleta de agasallos “Eu merco aquí”, que estará instalada o venres pola tarde na praza Roxa e o sábado pola mañá na praza do Toural. Nela poderán conseguir diferentes premios todas as persoas maiores de 16 anos que presenten un tícket por unha compra realizada no comercio de Santiago entre o 10 e o 15 de xuño, por un importe igual ou superior a 5 euros. Cada tícket dá dereito a unha tirada, e cada persoa non poderá recibir máis de tres premios, que serán agasallos mercados no comercio local.

Participación activa do comercio

María Rozas, convidou os e as comerciantes “a sumárense á festa, sacando os seus produtos ás beirarrúas, adornando as súas tendas para a ocasión, e difundindo a cartelería para informar á súa clientela da programación”. María Rozas lembrou tamén que o Concello, como en anos interiores, distribuirá bolsas coa imaxe da campaña #EuMercoAquí, que se entregarán de balde ao comercio local a través das asociacións de comerciantes da cidade.

Para contar con este agasallo, os e as comerciantes interesadas deben dirixirse ás entidades Comercio Punto Compostela, Santiago Centro, Compostela Monumental, Asociación En Rede, Ourives de Compostela, Asociación Somos Hórreo, Asociación de Comerciantes do Barrio de San Pedro e Asociación de Comerciantes de Área Central.

Ademais, de maneira presencial repartiranse carteis e folletos coas actividades do “Prima 24”, que tamén se pode consultar na web www.comerciolocalsantiago.gal.

Post navigation

Previous: A empresa municipal de augas de Ames acusada de servir de porta xiratoria
Next: A Xunta reforza o equipamento do GES de Brión

Máis novas

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Axenda

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Un dos traballos de mellora realizados en pistas de Frades
2 minutes read
  • Frades

Frades acomete un intenso programa de bacheo nas distintas parroquias

Imaxe do pleno de Ames sobre o mercado de abastos
4 minutes read
  • Xeral

O mercado de abastos de Ames dependerá dunha subvención de 2 millóns de euros

Lugar de Agromaior no concello de Teo
2 minutes read
  • Xeral

Teo licita o acondicionamento do viario municipal en Agromaior

Cartel da andaina por parellas de Rois
3 minutes read
  • Axenda

A XVIII Andaina por Parellas de Rois aprázase a setembro

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2771) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2672) sindicatos (109) Social (551) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (580) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.