Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

José María Ezquiaga presidirá o xurado do concurso de ideas para o Conector Central de Santiago

compostela concurso corredor central 20 novembro 2025

José María Ezquiaga, ademais de ser Doutor Arquitecto, Premio Extraordinario de Doutoramento da Universidade Politécnica de Madrid (1990, e Licenciado en Socioloxía e Ciencias Políticas pola Complutense de Madrid


O concurso de ideas para transformar o conector central de Santiago de Compostela segue adiante e acaba de darse a coñecer que José María Ezquiaga será o encargado de presidir o xurado.

Unha das teimas dun concurso coma este, co obxectivo de trasladar á realidade a idea gañadora, era que os membros do xurado tiveran unha cualificación profesional recoñecida que non ofrecera dúbidas.

O concelleiro de Urbanismo, Vivenda e Cidade Histórica, Iago Lestegás, anunciou que o arquitecto e urbanista José Mª Ezquiaga presidirá o xurado do concurso sobre o Conector Central da cidade. Lestegás o fixo na derradeira xornada do  XII Congreso Internacional de Ordenación do Territorio (CIOT), organizado por Fundicat e na que tamén participou o propio Ezquiaga.

O concelleiro participou nunha mesa redonda titulada ‘Rexeneración Urbana e Rexeneración Territorial: o caso de Santiago de Compostela’ e, entre outras cuestións, explicou os obxectivos do concurso de ideas para transformar o Conector Central. Tras a mesa de debate, os membros do congreso fixeron un percorrido pola cidade histórica durante o cal puideron coñecer o propio ámbito do concurso de ideas para o conector central.

Ezquiaga é Doutor Arquitecto, Premio Extraordinario de Doutoramento da Universidade Politécnica de Madrid (1990), Arquitecto pola Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade Politécnica de Madrid (1979) e Licenciado en Socioloxía e Ciencias Políticas pola Universidade Complutense de Madrid (1981).

É profesor titular de Urbanismo na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade Politécnica de Madrid desde 1995, responsable desde 2016 do Grupo de Investigación “Nuevas Técnicas, Arquitectura, Ciudad” da Universidade Politécnica e foi profesor convidado en numerosas universidades de Europa e América.

Foi Director Xeral de Planificación Urbanística e Concertación da Comunidade de Madrid (1991-95), Director Xeral de Urbanismo (1988-91) e Director de Planeamento do municipio de Madrid (1985-88).

É fundador e dirixe a oficina Ezquiaga Arquitectura Sociedad y Territorio, orientada á planificación territorial e estratéxica, á ordenación e o deseño urbanos, á rexeneración de centros históricos e patrimoniais, á vivenda social, infraestruturas, ambiente e procesos de participación pública.

É Presidente da Asociación Española de Técnicos Urbanistas desde 2018 e Vicepresidente da Federación Iberoamericana de Urbanistas. A súa laureada traxectoria profesional inclúe recoñecementos como o Premio Nacional de Urbanismo (2005) e o Premio Europeo de Urbanismo (2012).

Xurado

O xurado, alén da Presidencia e a Secretaría, estará formado por vocais que inclúen: a xefatura de servizo de Proxectos e Obras; a xefatura de servizo de Planeamento e Xestión Urbanística; un arquitecto ou arquitecta designada polo Consorcio; unha persoa técnica nomeada pola Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta; un arquitecto ou arquitecta nomeada polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG);  un enxeñeiro ou enxeñeira de Camiños, Canais e Portos a proposta do seu colexio oficial; e outro arquitecto ou arquitecta nomeada polo Concello.

Concurso

O concurso desenvólvese en dúas fases e abrangue un ámbito de máis de 45.000 m2 desde o Campo de San Clemente ata Santa Clara a través da cidade histórica Patrimonio da Humanidade, incluíndo lugares moi importantes como a Praza de Galicia ou a Porta do Camiño. Na súa intervención, Lestegás lembrou que o Concello de ampliou ata o 9 de xaneiro de 2026 o prazo para presentar propostas na primeira fase  debido visto o enorme interese suscitado pola convocatoria.

Post navigation

Previous: Colocan a primeira pedra do novo CESGA
Next: AGADEA impulsa a difusión da Guía de Apoio ás Persoas Coidadoras

Máis novas

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Imaxe do IES que será reformado
3 minutes read
  • Xeral

A Comunidade Escolar do IESP de Ames cuestiona a legalidade do cambio de horario

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación

15 DJs, selectoras e coleccionistas en tres xornadas dedicadas á cultura do disco como parte do WOS
3 minutes read
  • Xeral

O WOS Festival incluirá o evento Muelle 1931 Shop

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (731) Politica (944) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.