займ срочно

Compostela presentou a programación de artes escénicas para o primeiro semestre do 2022

0

Compostela, 20 de decembro do 2021 – 33 espectáculos configuran a programación de Artes Escénicas de Compostela Cultura para o primeiro semestre de 2022.

A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, e o director-xerente do Auditorio de Galicia, Xaquín López, presentaron a programación de artes escénicas acompañados polo director de AGADIC, Jacobo Sutil, pois algúns dos espectáculos prográmanse dentro da Rede Galega de Teatros e Auditorios.

O programa arrinca os días 14 e 15 de xaneiro con ‘Shock 1’ e ‘Shock 2’, as dúas propostas de Andrés Lima coproducidas polo Centro Dramático Nacional e baseadas en ‘A doutrina do shock’ de Naomi Klein. Un libro que narra os experimentos sobre control realizados nos Estados Unidos despois da segunda guerra mundial e que os relaciona coas teorías económicas de Milton Friedman.

Polo escenario pasarán Pinochet, Allende, Thatcher, Reagan, Mandela, a familia Bush, Aznar ou Saddam, entre outros moitos, representados por actores e actrices recoñecidos como Antonio Durán “Morris”, Alba Flores ou Willy Toledo.

O mes de xaneiro continúa coa estrea absoluta de ‘O deus do pop’ de Diego Anido os días 21 e 22 e péchase o 28 e 29 con ‘Cigarreiras’, obra baseada en ‘La tribuna’ de Emilia Pardo Bazán, dirixida e versionada por Cándido Pazó. Sobre o escenario, un elenco integramente feminino formado por algunhas das actrices máis recoñecidas do noso teatro: Tamara Canosa, Susana Dans, Merce Castro, Isabel Naveira, Berta Ojea, Ana Santos e Ledicia Sola.

A programación conta tamén co apoio do Consorcio de Santiago e a Deputación da Coruña, así como do programa Platea do Ministerio de Cultura. Serán un total de 33 espectáculos, 45 funcións, que se poderán ver no Auditorio de Galicia e no Teatro Principal de xaneiro a maio. As mellores propostas de teatro, danza e circo do momento… e unha programación destinada a público familiar que inclúe dous espectáculos especiais para bebés. Propostas variadas, dirixidas a todos os públicos e cuns prezos moi accesibles.

A programación completa e venda de entradas en CompostelaCultura

Entradas á venda

Todos os espectáculos serán ás 20.30 h agás os de En Familia que teñen uns horarios específicos e os dous ‘Shock’ que serán as 19.30 h pola súa duración. As entradas para todos eles poñeranse á venda este martes, 21 de decembro, ás 11.00 h, tanto na páxina web compostelacultura.gal como na Zona C. Punto de Información Cultural que abre de martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Ademais, poderán mercarse entradas nos espazos escénicos nos que se celebren os espectáculos o propio día da función desde unha hora antes do seu comezo.

As entradas teñen uns prezos de 10 a 14 euros, cos descontos do 50% para os colectivos habituais (persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas). Os espectáculos de En Familia, incluídos os de bebés, terán un prezo único de 3 euros por persoa.

Club C! e #posfuncións

O Club C! É unha proposta de actividades que buscan coñecer mellor as propostas artísticas e desta forma afondar na experiencia como espectadores e espectadoras. Dentro das actividades do Club C! este semestre haberá as #posfuncións. Ata en nove dos espectáculos, cando baixe o pano, poderemos conversar cos membros do equipo sobre o seu traballo e haberá un debate aberto ao público.

Agasalla Compostela Cultura

Desde a concellaría de Acción Cultural convídase a todos e todas as compostelás a agasallar cultura neste Nadal. Para iso, póñense a disposición da cidadanía uns tarxetóns e sobres de agasallo que se poden recoller de balde na Zona C.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies