Compostela, 30 de outubro do 2019 – O salón de actos do Museo do Pobo Galego acolle, a partir das sete e media de esta tarde, a presentación de dous textos inéditos de Antón Fraguas.
O Consorcio de Santiago e a Editorial Galaxia publicaron Notas compostelás de Antón Fraguas, en colaboración coa Fundación Antón Fraguas Fraguas. Trátase de dous textos do autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas, vencellados á cidade de Santiago e traducidos ao galego por Xesús Domínguez Dono.
A publicación no Museo do Pobo Galego, do que Antón Fraguas foi o seu primeiro director e un dos seus fundadores. No acto estarán o alcalde de Santiago e presidente do Consorcio da cidade, Xosé A. Sánchez Bugallo; a xerente do organismo interadministrativo, Belén Hernández; o responsable de Publicacións do Consorcio, Juan Conde; o presidente da Editorial Galaxia, Antón Vidal Andión; xunto ao presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego, Xusto Beramendi.
Antón Fraguas é un dos principais estudosos da cultura galega, Impulsor na súa Pontevedra natal da Sociedade da Lingua con tan só 18 anos. Alumno de Castelao ou Losada Diéguez cando estudaba o bacharelato. Membro das Irmandades da Fala e colaborador do Seminario de Estudos Galegos. Profesor na Estrada perdeu o posto tras a guerra pola súa ideoloxía galeguista.
Traballo na ensinanza privada ata que en 1950 puido recuperar a Catedra e doutourarse na Universidade de Madrid. Posteriormente seria profesor en Lugo e Aantiago ata a súa xubilación.
Na Real Academia Galega ocupou o lugar do que fora o seu mestre, Castelao; e a súa presentación foi acompañada por ramón Otero Pedrayo, Salustiano Portela e Luís Iglesias.
Foi, entre outras moitas andainas, o creador do Día do Traxe Galego, cita imprescindible nas festas do Apóstolo.

