Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral

De Ninghures abrirá o programa Outono das Artes en Compostela

compostela outono das artes 1 setembro 2025

Outono das Artes é unha programación impulsada pola Deputación e que organizará máis de 90 actividades por toda a provincia a partir do vindeiro 6 de setembro.

O ciclo Outono das Artes comezará en Compostela o 6 de setembro co concerto de ‘De Ninghures’. A cita será no Campo de Conxo ás 21.00 h. A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e a deputada de Cultura da Deputación, Natividade González, presentaron o programa completo acompañadas de varias persoas artistas que participan neste evento.

O Outono das Artes 2025 recolle unha ampla programación cultural que levará máis de noventa actividades de música, danza, teatro e audiovisual a concellos de toda a provincia entre setembro e decembro.

A rexedora compostelá agradeceu á Deputación a súa colaboración na realización desta actividade, “que lle pon o ramo ao centenario da anexión de Conxo a Santiago de Compostela”. Deste xeito complétase “unha ampla programación na que desde o Concello estivemos implicados de forma transversal entre todos os departamentos cos actos propios do Centenario e a Festa do Banquete, que foron un éxito como ben é sabido”.

Goretti Sanmartín volveu facer fincapé na importancia dos barrios e as parroquias na conformación da identidade compostelá e na descentralización da cultura, tanto nas vilas pequenas da nosa contorna como na propia capital galega, como é exemplo este concerto no barrio de Conxo.  Ademais, destacou que este concerto “ponlle o ramo” ás celebracións do centenario da anexión do concello de Conxo a Santiago de Compostela.

Tanto a rexedora como a deputada provincial defenderon a cultura “como un dereito” e, en palabras de Goretti Sanmartín, “non pode restrinxirse” a unha época do ano ou ás festas. Neste sentido, reivindicou o outono en Compostela como un periodo de “esfervescencia” cultural, con citas como Cineuropa.

Programación de Outono das Artes

Despois do concerto inaugural, o programa viaxará por vilas e cidades como Ortigueira, Ferrol, Negreira, Sada, Ribeira, Oroso, Carral, Muros, Pontedeume, Betanzos, Carballo, Rianxo ou Vimianzo, entre moitas outras, ofrecendo propostas que abranguen desde concertos e recitais ata pezas de danza contemporánea, teatro familiar e proxeccións audiovisuais.

O calendario de setembro inclúe actividades todas as fins de semana e tamén en horarios de tarde e noite, co obxectivo de facilitar a participación de públicos diversos, tanto infantil como adulto, reforzando así o carácter plural e inclusivo do ciclo.

A deputada de Cultura, Natividade González, subliñou que “Outono das Artes é unha aposta decidida pola descentralización cultural e polo apoio ao talento galego, garantindo que a veciñanza de toda a provincia poida gozar dunha programación de primeiro nivel”.

O ciclo manterase activo ata mediados de decembro, pechando cunha programación especial de teatro, danza e concertos en diferentes puntos da provincia. A programación completa, con datas, horarios e localizacións, pode consultarse nas canles oficiais da Deputación da Coruña.

Post navigation

Previous: O Museo do Pobo Galego presenta a programación de setembro
Next: Frades licitará obras de mellora de estradas e de accesos a aldeas por máis de 435.000 €

Máis novas

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

compostela programación apostolo 15 xullo 2026
12 minutes read
  • Axenda

Que e quen no Apóstolo 2026

Casa Consistrorial de brion
2 minutes read
  • Xeral

A Festa dos maiores de Brión abre un novo debate

Sindo Guinarte e Marta Aball, concelleiros socialistas que piden a modificación da ordenanza de convivencia
2 minutes read
  • Xeral

Piden a actualización da ordenanza de convivencia de Santiago

Cartel do festival emerxente de Ames
5 minutes read
  • Ames

Ames prepara xa o Festival Emerxente

Monmento en que asinan o acordo s deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González; a deputada de Cultura da Deputación de Lugo, Iria Castro; e a presidenta do Consello da Cultura Galega, Dolores Vilavedra.
3 minutes read
  • Compostela

Escola, cultura e territorio

Un momento da subida ao monte en procesión na romaría do Santiaguiño
3 minutes read
  • Xeral

Festas do Santiaguiño en Padrón

Cartel do evento Sabor a novo que se celebrará o Pazo de San Lourenzo
5 minutes read
  • Axenda

Sabor a novo no Pazo de San Lourenzo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2770) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (727) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (550) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.