Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Compostela
  • Xeral

O Nadal de Compostela será en todo o concello

O Nadal de Compostela estenderase por toda a cidade, desde o urbano ao rural, baixo o lema "Compostela, a estrela do Nadal".
compostela-programacion-nadal-slide-28-novembro-2023-(1)_r

Compostela, 28 de novembro do 2023 – O Nadal de Compostela estenderase por toda a cidade, desde o urbano ao rural, baixo o lema “Compostela, a estrela do Nadal”.

Unha idea xeral que foi presentada onte no concello pola alcaldesa, Goretti Sanmartín, e a primeira tenente de alcaldesa, María Rozas. O motivo central é unha estrela de oito puntas que se materialíza en oito xardíns de Nadal en San Roque, San Pedro, As Fontiñas, Sar, O Castiñeiriño, Conxo, Santa Marta, Vista Alegre, ademais do central na praza do Obradoiro.

Estes xardíns terán ademais unha parte moi especial que implica á veciñanza. En eles situarase un photocalls coa finalidade de que todo o que queira poida fotografarse no “Bico no Visgo”, bicarse baixo o visgo e despois subir a imaxe ás redes sociais.

O programa irase presentándose pouco a pouco e hoxe mesmo daranse a coñecer as actividades da carpa da praza Roxa. Pero o Nadal en Compostela terá moitos lugares de interese porque, ademais dos xardíns, haberá dous mercados, Carreira do Conde e da Estrela; 11 beléns visitables; iluminacións específicas como as das estatuas da Alameda e por suposto actividades en todos os Centros Socio Culturais.

A intención do concello é que as festas do Nadal sexan as terceiras máis importantes da cidade despois das da Ascensión e o Apóstolo.  

Goretti Sanmartín salientou que se trata dunha “proposta ambiciosa” que pretende converter esta celebración nun “espazo e momento de referencia para a poboación de Compostela e da comarca e mesmo do conxunto do país” con “actividades para todos os públicos” que cheguen aos distintos barrios e parroquias “facendo que sexan o máis descentralizadas posible”. Para María Rozas trátase de ter unhas festas de Nadal “para vivir e non só para ver”.

Esta nova imaxe distribuirase por todo o concello a través de 25.000 programas de peto, carteis, voandeiras, bolsas, mupies e redes sociais. Toda a información complementaria poderase atopar a través dos códigos QR insertos en todos os programas e carteis.

Acendido do alumeado

Este venres día 1 terá lugar o acendido das luces co que comezará oficialmente o Nadal na cidade. Será as seis e media na praza do Obradoiro, pero despois a comitiva percorrerá distintos puntos e irá descubrindo algunha sorpresa.

As luces estarán acendidas ata o 7 de xaneiro en horario de 18.00 h a 2.00 h e de 7:00 a 9:00 h, agás dos días 24, 25 e 31 de decembro de 2023 e o 5 de xaneiro de 2024, nos que a iluminación permanecerá acendida desde as 18.00 h ata as 9:00h do día seguinte.

Haberá instalacións propias na Porta Faxeira, Mercado de Abastos, Bonaval, Obradoiro, na Alameda e na praza Roxa.

Post navigation

Previous: Frades abre a campaña de Nadal de recollida de alimentos para familias necesitadas
Next: Teo recupera a iluminación de Nadal

Máis novas

diego luis diaz alcalde val do dubra primer plano 5 outubro 2026
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Diego Luís Díaz, alcalde de Val do Dubra

a banha nova umeracion 5 outubro 2026
3 minutes read
  • A Baña

A Baña prepara a nova numeración municipal en 11 parroquias

santa comba mellora de viarios 5 outubro 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Santa Comba licita a mellora de viarios

museo do pobo programacion slide otubro (3)
6 minutes read
  • Xeral

Outubro no Museo do Pobo Galego

ateneo avaro ortiz 5 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Álvaro García Ortiz da unha conferencia no Ateneo

deputacion-variante-cacheiras-slide-18-outubro-2018_r
2 minutes read
  • Xeral

Problemas nas obras da variante de Cacheiras

compostela-transporte-urbano-slide-30-agosto-2022_r
2 minutes read
  • Xeral

O concello de Teo esixe manter a liña 12 do urbano de Santiago

usc territorios que lideran 2 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

A USC impulsa o Foro “Territorios que lideran”

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2814) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (449) Educación (776) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (823) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (735) Politica (949) saúde (533) Servizos (2698) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (585) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.