Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Compostela
  • Xeral

Unha conversa servirá para presentar o libro “Cómplices. A violencia machista institucional”

Este mércores 22 preséntase en Compostela o libro “Cómplices. A violencia machista institucional” cunha charla na sede do Ceesg.
compostela-reflexion-violencia-institucional-slide-21-xunho-2022_r

Compostela, 21 de xuño do 2022 – Este mércores 22 preséntase en Compostela o libro “Cómplices. A violencia machista institucional” cunha charla na sede do Ceesg.

A coordinadora da publicación Iria Vázquez e unha das autoras incluídas, Sheila Fernández, conversarán sobre “Cómplices” coa presentación e moderación de Natalia Domínguez Galán (Grupo Fiandeiras). A cita de sete a nove na sede do Colexio de Educadoras e educadores sociais de Galicia.

O libro

“Cómplices. A violencia machista institucional” é un volume que trata e fai visible un tema tan preocupante como  a violencia que exerce o Estado a través das súas institucións sobre as mulleres que están en situación de violencia machista.

En Cómplices, a autora explora varios eidos institucionais e convida a outras autoras. Sheila Fernández Míguez (desde o eido xurídico), Olalla Villaronga Seoane (desde o eido rural), Lola Ferreiro Díaz (desde o ámbito sanitario) e Ana Martínez González e Fedra Alcaraz Ladrero (desde o ámbito da diversidade funcional) a completar o panorama dunhas institucións que deberían acoller e defender as mulleres violentadas polo machismo.

A través deste libro o lector coñecerá o labirinto polo que pasan as mulleres en situación de violencia, analizando as forzas de seguridade, o eido xudicial, os servizos sociais ou o eido sanitario.

A coordinadora

A publicación foi coordinada por Iria Vazquez silva. Licenciada en Socioloxía pola Universidade da Coruña (2004), é doutora tamén en Socioloxía coa tese “La inmigración senegalesa en Galicia: remesas y cuidados en familias transnacionales” (2014). Foi profesora interina de socioloxía na Universidade de Vigo e integrante do Grupo de Estudos Territoriais da Universidade da Coruña.

Realizou o proxecto Mulleres inmigrantes, lingua e sociedade. Novas perspectivas para a integración (2015-2017), desenvolvido na Universidade de Vigo e financiado pola Xunta de Galicia. Especialista en xénero pola Universidade de Vigo e en igualdade pola Universidade Autónoma de Barcelona. As súas liñas de investigación abranguen a socioloxía das migracións, ademais da socioloxía do traballo e de xénero. Traballou no ámbito da intervención social con mulleres en situación de violencia e colaborou con diversos colectivos feministas de Galiza.

Publicou no Journal of Ethnic and Migration Studies “Transnational mothering strategies: Senegalese experiences” (2017), con Luna Vives. Publicou artigos na Soziologia eta zientzia politikoaren euskal aldizkaria (en galego, Revista vasca de socioloxía e ciencia política) e en diversos congresos.

Post navigation

Previous: A Universidade pintada, a mirada pictórica de Isabel Rey sobre a USC
Next: Seguen a reclamar a readmisión dos condutores da antiga liña de bus do aeroporto

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.