Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Maré inundará  Compostela do 24 ao 28

compostela festival mare 23 setembro 2025

Este luns presentouse o festival Maré na sala Capitol de Compostela. Un evento que se define como participativo, aberto, variado e con raíces.

O Festival Maré presentou o seu cartel que iníciase coa estrea mundial do novo proxecto de Felisa Segade. No acto de presentación participaron Natividade González, deputada de Cultura da Deputación da Coruña Miriam Louzao, concelleira de Capitalidade Cultural, Turismo, Educación e Memoria Histórica de Santiago de Compostela Valentín García, secretario  xeral de Lingua, e Xosé Manuel Merelles, director da Axencia de Turismo de Galicia.

 Felisa Segade adiantou unha píldora da súa nova proposta no remate do acto.

Maré defínese como un festival humanizado, que entende a cultura como un dereito fundamental. O seu cartel é unha declaración de principios que combina respecto pola tradición e aposta pola innovación, busca responder a retos sociais como a crise climática, a redistribución de recursos, a saúde mental ou a violencia machista.

A celebración do festival é tamén unha forma de facer política cultural desde o común, xerando espazos de encontro. Segundo Víctor Belho, o festival pretende ser un espazo de “pontes e encontros entre culturas diferentes”.

Sinalou que na programación deste ano se dabán cita desde “os nomes que consideramos propios como Felisa, Davide Salgado, Ailá, Carabela, ata eses outros que queremos que o público descubra con nós”

Os distintos representantes das institucións que respaldan ao Festival Maré sinalaron distintos aspectos relevantes da existencia e da función do evento. Para Valentín García, secretario xeral da Lingua, “é importante para a lingua este tipo de festivais que teñen conexión con linguas irmáns”. Para Natividade González, deputada de Cultura de A Coruña, “a cita supón unha demostración máis dun carácter cultural no que se combina o propio e o doutras culturas, conservando o interese por ese intercambio”.

Para Miriam Louzao, concelleira de Capitalidade Cultural de Santiago, “a programación de Maré que comeza con Felisa Segade e Carabela e remata coa palestina Sol Band é un exemplo perfecto do tipo de cultura que ofrece Santiago e do carácter cultural da cidade”.

Finalmente, Xosé Manuel Merelles, director da Axencia de Turismo de Galicia chamou a atención sobre a importancia dos festivais que manteñen o valor cultural e que fan propostas para que os públicos poidan ampliar os seus intereses”.

Durante varios días, Compostela transfórmase nun palco a ceo aberto, alumeando espazos culturais da cidade e acollendo máis de 30 artistas de distintos xéneros e linguas, tanto consolidados como novas voces. A programación, pensada para ser interxeneracional, compleméntase con actividades de poesía, danza, comedia, talleres, propostas infantís e un mercado de artesanía, facendo de Maré un mapa artístico diverso.

Entre os nomes  que participan en Maré poden destacarse Felisa Segade, integrante de Leilía, que presentará o seu novo proxecto en solitario no concerto inaugural, acompañada do espectáculo previo de Carabela.

Kevin Johansen + Liniers, nun encontro entre música e ilustración en directo. A nova formación de Aida Tarrío (Tanxugueiras), que chega baixo o nome de Gala i Ovidio. O regreso a Galicia do guitarrista tuareg Bombino. A forza escénica de Bongeziwe Mabandla (Sudáfrica).

A unión creativa entre Judit Neddermann e Pau Figueres, ou a proposta de Germán Díaz, Benxamín Otero e Vidya Shah. Propostas galegas como Davide Salvado, Sofía Espiñeira, Quico Comesaña ou A Pedreira, entre outras.

O cartel complétase cunha ampla representación de artistas internacionais como Sara Curruchich (Guatemala), El Búho, Leiden, K.O.G., Da Cruz ou Briela Ojeda, así como co concerto de clausura, a cargo de Sol Band (Gaza) e a Frotilha de artistas contra o xenocidio.

Este ano, Maré 2025 reforza tamén a súa vertente profesional cun encontro que reunirá 13 profesionais convidados de 8 países (Marrocos, Bélxica, Francia, Italia, Colombia, Portugal, Eslovaquia e España) creando un espazo de intercambio e colaboración para impulsar novas redes internacionais.

O festival espallará os seus concertos por diferentes escenarios emblemáticos da cidade: Sala Capitol, Teatro Principal, Igrexa da Universidade, CSC Maruxa e Coralia, Riquela Clube, Casa das Crechas, Praza da Mazarelos ou Praza de Praterías.

Con esta programación, Maré 2025 reforza a súa identidade como encontro cultural atlántico que conecta Galicia co mundo a través da música, a palabra e as artes, celebrando a diversidade e a creatividade compartida.

Apartado profesional

Ademais de todas as actividades cara ao público, Víctor Belho expresou a intención do festival de ir creando cada ano unha plataforma para profesionais que facilite o desenvolvemento de proxectos con caracter internacional e que permita as mesmas conexións que o festival promove entre culturas e artistas.

A sección pro de Maré conta co respaldo de Acción Cultural Española a través do seu programa de internacionalización. Participarán case unha vintena de axentes de case quince países que reunirán no marco do festival.

Máis información e entradas en https://mare.gal/

Post navigation

Previous: A Unión Hotelera de Compostela, UHC; recorre a taxa turística
Next: Conversa con José Antonio Liñares, voceiro da Unión Hotelera de Compostela

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.