Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Melide
  • Xeral

Presentada en Compostela a 31º edición da Festa do Melindre e da Repostería Tradicional de Melide

Compostela, acolleu a presentación da 31º edición da Festa do Melindre e da Repostería Tradicional de Melide.
Melide-Festa-do-Melindre-slide-31-marzo-2023_121804_r

Bisbarra, 3 de abril do 2023 – O restaurante a Horta do Obradoiro, en Compostela, acolleu a presentación da 31º edición da Festa do Melindre e da Repostería Tradicional de Melide.

Na presentación participaron o alcalde de Melide, José Antonio Pérez; Xosé Igrexas, concelleiro de promoción económica; e Kike Piñeiro e Eloy Cancela, nomeados no 2022 embaixadores do Melindre.

Kike Piñeiro dixo declararse “melindreiro e cociñeiro. Non podo describir a felicidade que supón para min ser embaixador dun produto que me gusta tanto. Un produto cargado de enerxía, e de enerxía positiva”.

O concelleiro Xosé Igrexas dixo pola súa banda “esta programación é literalmente un mar de doces que vai salpicar de actividades a nosa rúa. Por segundo ano temos tres espazos con tres nomes, espazo Melindre, espazo Amendoado e espazo Rico!” e fixo un repaso pola gran variedade de actividades que terá a Festa do Melindre.

Tedes a programación completa da Festa do Melindre en este enlace

Lindeiros aproveito para falar co alcalde, José Antonio Pérez, quen explica que o obxectivo e mellorar, si se pode, a edición do ano anterior

Non nos resistimos á tentación de mencionar que a Festa do Melindre será xusto antes da campaña electoral. José Antonio Pérez cre que hai que diferenciar as cousas, que esta será unha festa tradicional e que probablemente e campaña non será tan doce

O 13 e 14 de maio hai unha cita en Melide coa 31º edición da Festa do Melindre e da Repostería Tradicional, unha oportunidade de divertirse e desfrutar antes da saturación e das incógnitas dunha campaña que se presenta como moi interesante en toda a bisbarra.

Post navigation

Previous: Acusan ao goberno de Touro de facer oposicións “A medida”
Next: Eleccións 23: Luísa Feijoo e Oliva Agra presentan as súas candidaturas á alcaldía de Ames

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.