Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Axenda
  • Compostela

Compostela presenta a campaña do Orgullo

O lema da campaña é “Contra o odio: rede, cultura e orgullo” co obxectivo de avanzar fronte á LGTBIfobia

Un momento da presentación do programa de actividades do mes do orgullo en Compostela

Compostela, 15/06/2026 – O concello de Santiago de Compostela presentou o pasado venres a súa campaña polo mes do Orgullo. A alcaldesa, Goretti Sanmartín, fai un chamamento a que todo o mundo participe nas actividades programadas.

O mes do Orgullo leva por lema “Contra o odio: rede, cultura e orgullo”, na programación colaborou tamén o colectio AVANTE. O Concello busca avanzar fronte ao incremento da LGTBIfobia, reflexionar sobre o dereito a sentir e amar libremente e celebrar a diversidade. Na rolda de prensa participou tamén a directora do Centro de Información á Muller (CIM), Rita Barreiro.

Sanmartín lamentou que estamos en tempos de involución, de mensaxes terribles de odio e acoso contra o colectivo LGBTIQ+, cuestións que deberían estar “totalmente desterradas nun mundo do século XXI”.

Diante desta realidade, reivindicou celebrar a dignidade e reclamar os dereitos de maneira festiva e considerou necesario “non só a resistencia, senón avanzar fronte a discriminación e a violencia”.

Rede, cultura e orgullo

A campaña municipal polo mes do Orgullo circula xa en autobuses urbanos da cidade e farao tamén en redes sociais, así como en locais de hostalería e comercio. Aséntase sobre tres piares fundamentais: rede, cultura e orgullo.

A rede, como forma de fortalecer os espazos de apoio mutuo e colaboración entre institucións, tecido asociativo e cidadanía. A cultura, mediante o uso das artes escénicas, o audiovisual e a creación artística como ferramentas de sensibilización, pensamento crítico e transformación social. E o orgullo como maneira de reivindicar as identidades diversas e fomentar a ocupación positiva do espazo público como acto de resistencia e visibilización.

Programación

A programación prevista para este mes inclúe as seguintes actividades

•           Exposición participativa “Rostros e corpos contra o odio”: Instalación artística e comunitaria que se poderá visitar do 22 ao 28 de xuño no CSC do Ensanche, onde a cidadanía poderá participar compartindo mensaxes e reflexións. A entrada é libre.

•           Roteiro histórico “Vida e historias LGBT da Compostela medieval e moderna”: Un percorrido guiado por Carlos Callón que terá lugar o 19 de xuño para visibilizar a memoria histórica e as realidades LGBT máis aló da idade contemporánea. Para esta actividade é preciso inscrición previa, a través do formulario ao que se pode acceder co QR do folleto informativo.

•           Representación teatral “Travesía Unicornio”: Obra da compañía Teatro Ghazafelhos que será representada o15 de xuño no parque de Bonaval, dirixida ao público familiar para fomentar valores de respecto e diversidade.

•           Faladoiro “Contra o odio: orgullo”: Espazo de análise e diálogo na Casa Xohana Torres o 25 de xuño con Xandre Garrido López sobre a situación actual da LGTBIfobia e o impacto dos discursos de odio. Entrada libre.

•           Gala do Orgullo 2026: É o evento central da campaña e terá lugar na praza de Mazarelos o 27 de xuño. Contará con actuacións musicais (O Xoán, Pídechas o corpo), drag (Amanda Carallo) e a entrega de premios do certame de poesía de Avante LGBT+.

•           Lectura do manifesto da Corporación Municipal LGBTIQ+. O 26 de xuño será a lectura do manifesto da corporación LGBTIQ+ que foi aprobada como declaración institucional no último pleno.

Compromiso coa igualdade e os dereitos humanos

O obxectivo final é converter Santiago de Compostela nun espazo de encontro que reafirme o compromiso institucional coa igualdade e os dereitos humanos. Neste sentido, a rexedora lembrou que alén das actividades que se celebran este mes, o Concello de Santiago mantén de xeito permanente dende o ano pasado un servizo de asesoramento LGBTIQ+ na Casa Xohana Torres, conatención psicolóxica e xurídica así como programación de actividades.

Goretti Sanmartín incidiu en que Santiago foi pioneira en moitas cuestións relacionadas coa igualdade de dereitos e destacou que o goberno local quere seguir dando pasos para “avanzar en tempos de involución” e acadar “unha sociedade realmente libre e diversa que non negue os dereitos de todas as persoas a seren, sentiren e quereren con liberdade”.

Post navigation

Previous: Radio Cos e Lagharteiras no Gaias o Día da Música
Next: Non do Parlamento ao novo centro de saude no Castiñeiriño en Santiago

Máis novas

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Axenda

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Un dos traballos de mellora realizados en pistas de Frades
2 minutes read
  • Frades

Frades acomete un intenso programa de bacheo nas distintas parroquias

Imaxe do pleno de Ames sobre o mercado de abastos
4 minutes read
  • Xeral

O mercado de abastos de Ames dependerá dunha subvención de 2 millóns de euros

Lugar de Agromaior no concello de Teo
2 minutes read
  • Xeral

Teo licita o acondicionamento do viario municipal en Agromaior

Cartel da andaina por parellas de Rois
3 minutes read
  • Axenda

A XVIII Andaina por Parellas de Rois aprázase a setembro

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2771) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2672) sindicatos (109) Social (551) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (580) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.