Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Os premios Follas Novas recuperaron a entrega presencial

Os Premios Follas Novas, antigos premios do libro galego, entregáronse este sábado no Teatro Principal de Compostela.
premios-follas-novas-slide-18-maio-2021-(4)

Table of Contents

Toggle
  • Compostela, 18 de maio do 2021 – Os Premios Follas Novas, antigos premios do libro galego, entregáronse este sábado no Teatro Principal de Compostela.
  • Os premios

Compostela, 18 de maio do 2021 – Os Premios Follas Novas, antigos premios do libro galego, entregáronse este sábado no Teatro Principal de Compostela.

Nunha cerimonia que recuperou a presencialidade dos finalistas, e retransmitida para o público por Youtube, os Follas Novas acadaron este ano a sexta edición na que estrearon nova denominación.

A gala foi conducida por Quico Cadaval coa participación do cuarteto de saxofóns da Banda Municipal de Música de Santiago. Os premios están organizados pola Federación de Librarías de Galicia, a Asociación de Escritoras-es en Lingua Galega e a Asociación Galega de Editoras. Esta edición estivo patrocinada polo Concello de Santiago, a Xunta de Galicia, Cultura da Deputación da Coruña e o Centro Español de Dereitos Reprográficos (CEDRO).

Na súa intervención, o novo presidente da Federación de Librarías de Galicia, Ramón Domíguez, sinalou que a crise sanitaria “ten afectado sensiblemente a tódalas actividades vencelladas a cultura, limitando e mesmo cancelando innumerables eventos nos últimos tempos. Por iso, este ano estamos felices por contar hoxe coa presenta física dos finalistas en cada una das 15 categorías, que representan a excelencia das notas letras”. 

Ramón Domínguez reclamou ademais do goberno galego a “definición  na súa integridade da Lei do Libro e da Lectura de Galicia, aprobada hai xa preto de quince anos. Consideramos esta ferramenta lexislativa, un elemento que de certeza contribuirá o equilibrio na cadea de valor do libro, por outra parte tan necesario nos momentos actuais”.

Os premios

Premios de honra

Premio da Asociación de Librarías de Galicia: Manuel Arenas

Escritor Galego Universal: José Luandino Vieira

Premio da Asociación Galega de Editoras: Xulio Amigo

Ensaio e Investigación

Irmandiñas(Edicións Laiovento). Aurora Marco

Por ser un traballo de recuperación, de posta en valor do traballo das mulleres e a súa aportación achega a historia de Galicia e da aportación que realizaron á defensa da liberdade.

Divulgación

Unha mente que voa(Edicións Xerais de Galicia), Xurxo Mariño

Pola relevancia e necesidade da divulgación da ciencia en galego, polo achegamento dos argumentos científicos a un público xeral dun xeito, didáctico, claro e preciso.

Narrativa

Un señor elegante(Edicións Xerais de Galicia), Suso de Toro

Un traballo de reconstrución da memoria galega dunha parte do século XX que utiliza a de maneira innovadora a combinación de voces narradoras distintas para facer avanzar o xénero biográfico.

Infantil

Mar de Mazá(Editorial Galaxia) Elvira Riveiro

Polo discurso lírico envolvente, a suxestiva creación de imaxes, o xogo de imaxinarios e traballando sobre un argumento mantendo a atención e o respecto sobre el.

Xuvenil

O mal querer(Baía Edicións), Natalia Carou

Unha novela que achega actualidade á literatura, contada de xeito áxil, con argumentos tomados da realidade para aproximala a unha franxa de idade na que é preciso abrir debates.

Libro ilustrado

Contrahistoria de Galicia(Edicións Embora) Rita Gutiérrez (Ilus)

 Un libro para achegar anacos extraordinarios e pouco coñecidos da historia de Galicia dun xeito moi atractivo e con espírito divulgador para todos os públicos e cunha ilustración rica, variada e moi elegante

Banda Deseñada

O derradeiro libro de Emma Olsen(novela gráfica) (Editorial Galaxia). Pablo Prado

Un traballo maduro para un autor novo, no que utiliza recursos moi diversos da narrativa gráfica e con moitos xogos cromáticos.

Iniciativa Bibliográfica

A lavandeira de San Simón(Edicións Xerais de Galicia). Eva Mejuto/Bea Gregores (Ilus)

 Pola novidade que supón achegar a memoria histórica á infancia, recuperando referentes perdidos e por medio de relatos construídos dende o cotián, nos que os protagonistas son rapaces e rapazas. 

Tradución

A nosa negra(Hugin e Munin), Harriet E. Wilson, tradución de María Reimóndez

Achega á lingua galega un libro fundamental da revisión histórica a través da literatura, introducindo a historia contada desde as persoas subalternas.

Poesía

A Desvértebra(Chan da Pólvora), Ana Romaní

Un libro que ofrece unha grande cantidade de lecturas e que , entre outras,  pode lerse como unha reacción contra a sociedade do espectáculo. Mantendo a tensión entre a tradición e a modernidade poética.

Teatro

Só un home bo(Edicións Positivas), Raúl Dans

Unha obra dura, contada dun xeito trepidante, na que se aprecia o coñecemento do teatro do autor e das maneiras de contar unha historia desde a escena.

Libro mellor editado

Nós Outras, (Chan da Pólvora) Marica Campo e Menchu Lamas

Unha edición case artesanal na que todas as pezas da edición encaixan para conseguir un volume con identidade única. Que une con exquisitez voz da poesía e as imaxes. Combinando literatura infantil con arte contemporánea.

Iniciativa fomento da lectura

Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra

Unha iniciativa con máis de vinte anos de existencia, que foi evolucionando para adaptarse aos tempos sen perder os seus obxectivos: o fomento da lectura, levar á mocidade a un espazo de libros e chegar a internacionalizacións do evento.

Proxecto literario en rede

Galicia encantada, coordinada por Antonio Reigosa

Unha proxecto cunha traxectoria sostida durante moitos anos con recursos limitado pero que fornece de material dos imaxinarios galegos a toda a sociedad, ofrecendo divulgación e información.

Xornalismo Cultural

Montse Dopico

Por un traballo exhaustivo e profundo arredor do mundo cultural, polo rigor con que trata os argumentos e pola profundidade das súas entrevistas.

Post navigation

Previous: A Zona C volve para ser o escaparate cultural de Compostela
Next: Benedita Elisa, buscando a cociña diferente

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.