займ срочно

Down Compostela entrega os seus premios que chegan á décima edición

0

Compostela, 10 de marzo do 2023 – O vindeiro día 22 , na Capela Real do Hostal dos Reis Católicos, Down Compostela entregará os galardóns da décima edición dos seus premios.

Os X Premios Down Compostela forman parte da celebración do Día Mundial da Síndrome de Down que se celebra o 21 de este mes. A cita do día 22 será ás oito e media da tarde e serán as persoas con síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais as responsables de conducir o acto.

A Fundación Down Compostela acordou nesta ocasión recoñecer cos seus premios á empresa Burger King, polo seu firme compromiso coa integración laboral das persoas coa Síndrome de Down; á escola de música Play, por entender como poucos que o mundo da arte, neste caso o da interpretación musical, non ten fronteiras; e ao empresario José María Fernández ‘Chema’, pola súa inquebrantable compromiso coa familia Down desde o mesmo momento en que naceu Down Compostela, incluso un pouco antes.

Premiados en edicións anteriores

Na primeira edición dos Premios Down Compostela, celebrada no 2012, foron galardoados o Concello de Santiago, a empresaria Sofía Cebro e Julio Castro Marcote, director do Hostal dos Reis Católicos. O ano pasado, tras quedar suspendidos no 2020 e 2021 pola pandemia, forón para a doutora María José Fernández Seara, o artista Xurxo Martiño e a empresa Emetel.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies