займ срочно

Rosalía Quiroga gaña o Premio Xohana Torres por “Mal Olladas”

0

Compostela, 9 de marzo do 2023 – A xornalista Rosalía Quiroga ven de gañar o Premio Xohana Torres polo ensaio “Mal Olladas”, un galardón que forma parte dos actos conmemorativos do 8 de marzo, Día Internacional da Muller.

Mal Olladas narra segundo a autora “”o proceso de caza de bruxas nos comezos da Idade Moderna” a partir de entrevistas con mulleres do Baixo Miño pretende afondar nos “estereotipos sobre as mulleres e as identidades disidentes”.

O xurado estivo integrado pola concelleira de Igualdade Mercedes Rosón e as profesoras da USC Erika Jaráiz, Montserrat Pena, Guadalupe Jiménez, Patricia Fra, Alba Silva e Diana Peláez. O galardón está dotado con 2.500 euros.

A gañadora contaba para os medios ao final do acto algo do que a levou a facer este traballo, a necesidade de seguir eliminando estereotipos en todo o relativo á muller

Convocatoria Premio Xohana Torres 2023

O Concello abriu onte o prazo de presentación de obras para a edición 2023 do Premio Xohana Torres de ensaio, investigación e creacións audiovisuais sobre as mulleres na sociedade galega. O prazo permanecerá aberto ata o 29 de decembro de 2023 ás 14:00 h.

A esta nova convocatoria pode concorrer calquera persoa física ou agrupacións de persoas sen personalidade xurídica e os traballos deben tratar da participación social e política das mulleres e ter como obxectivo reconstruír a súa memoria histórica. Poden ser ensaios literarios ou científicos, mais tamén pezas audiovisuais sobre as mulleres galegas.

Cada premio, un na modalidade de ensaio e outro na modalidade de creación audiovisual, estarán dotados con 2.500 €, que cubrirán os dereitos de edición das obras por parte do Servizo de Publicacións da USC.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies