Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Compostela
  • Xeral

Comezan as votacións do XVI Premio de Novela Europea Casino de Santiago

Santiago acolleu a presentación do XVI Premio de Novela Europea Casino de Santiago, que mantén abertas as votacións ata o vindeiro día 17.
20230109_112641

Compostela, 11 de xaneiro do 2023 – Santiago acolleu a presentación da nova edición do XVI Premio de Novela Europea Casino de Santiago, que mantén abertas as votacións ata o vindeiro día 17.

O Premio de Novela Europea xira este ano arredor das novelas ‘El amor en caso de emergencia’, da alemana Daniela Krien; ‘La vida verdadera’, da belga Adeline Dieudonné; ‘Llévame a casa’, do extremeño Jesús Carrasco; ‘O cervo e a sombra’, de Diego Ameixeiras, e ‘Volver la vista atrás’, do colombiano Juan Gabriel Vázquez.

 El Corte Inglés de Santiago acolleu a presentación na que participaron Valentín García, Secretario Xeral de Política Lingüística; Ubaldo Rueda, presidente do Casino de Santiago; Maribel Martín, directiva do Casino e Fuencisla Cig, directora de Comunicación do centro comercial.

O xurado está dividido e dúas partes que teñen un peso similar no resultado final. A cidadanía pode votar as novelas nas librerías dos centros comerciais de Santiago, Coruña Vigo, Oviedo, Gijón ou Avilés.

Por outra banda existe un xurado, que se reunirá o día 19 para dar a coñecer o gañador final, e que pertence as cidades de Santiago, Logroño, Vannes, Múnich, Santa Comba Dão e Moscova.

O Premio de Novela Europea Casino de Santiago ten entre os seus gañadores a nomes como Luis Landerio ou Tatiana Tibuleac.

Post navigation

Previous: Reforzo policial en Santiago polos sucesos do Ensanche
Next: A Deputación trae a Compostela a Feira de Edición e Libro Ilustrado, FELiiC

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.