Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Compostela

Santiago acada o primeiro premio do público da Rede Europea de Turismo Cultural

O premio foi outorgado a Santiago polo proxecto “Dual Pilgrim” que promociona ao mesmo tempo o Camiño de Santiago e o de Kumano Kodo en Xapón.

COMPOSTELA PREMIO EUROPEO TURISMO CULTURAL 28 SETEMBRO 2026

Compostela, 27/09/2026 – Turismo de Santiago recibiu o pasado xoves o premio do público da Rede Europea de Turismo Cultural. Foi no transcurso dunha gala celebrada en Skiathos, Grecia, no marco da 19ª Conferencia Europea de Turismo Culturas, que ten lugar do 23 ao 26 de setembro.

A Rede Europea de Turismo Cultural (ECTN) é a única rede pan-Europea para o desenvolvemento e promoción do Turismo Cultural. A ECTN está composta por destinos, autoridades, ONGs e institutos de investigación.

Ademáis, a ECTN é membro da Alianza Europea polo Patrimonio, coordinado por Europa Nostra, e tamén ten asinado o Manifesto do Turismo Europeo polo crecemento e o emprego, coordinado pola Comisión Europea de Viaxes.

Turismo de Santiago presentou aos premios da ECTN o proxecto do “Dual Pilgrim”, no que colabora dende hai anos coa cidade xaponesa de Tanabe na promoción conxunta do Camiño de Santiago e o Kumano Kodo. Unha das principais accións para promocionar ambos camiños foi a creación dun pasaporte Dual, que se entrega as persoas que percorren ambos camiños.

O éxito do proxecto, ratificado polo premio do público da ECTN, apóiase nos datos de Pasaportes Duais entregados, que xa superan os 17.000 dende a súa creación no ano 2015. Estas 17.000 persoas percorreron ambos camiños. O número de pasaportes duais entregados aumenta ano tras ano de xeito exponencial. No ano 2015 entregáronse 146 pasaportes duais. No 2025 foron xa 5.315.

En total, presentáronse aos premios 72 proxectos de 23 países, entre os que se seleccionaron 19 finalistas, divididos en varias categorías. Estes finalistas foron seleccionados por un xurado composto por persoas representantes de Europa Nostra, a Comisión Europea de Viaxes, e diferentes entidades e asociacións de prormoción turística no ámbito cultural.

O proxecto do Camiño Dual presentado por Turismo de Santiago conseguiu o premio do público, con máis de 5.000 votos recibidos, superando aos outros 18 finalistas. Ademáis, dentro da categoría na que se presentou ao concurso, “Productos de Turismo temático transnacional vinculados coa Cultura e o Patrimonio”, o proxecto do “Dual Pilgrim” acadou o segundo posto do xurado, ratificando así que o proxecto non só convenceu ao público senón tamén ao persoal técnico que valorou o traballo de Turismo de Santiago.

Post navigation

Previous: O Ateneo conmemora o 110 aniversario do pasamento de Alfredo Vicenti
Next: Dodro clausura o Programa Integrado de Emprego

Máis novas

FOLGA
  • Xeral

Lindeiros apoia a folga

ames bng cortes de luz 10 niovembro 2026
2 minutes read
  • Ames

Lanzan unha campaña para denunciar os cortes de luz en Ames

compostela informe icomos gargolas 10 novembro 2026
8 minutes read
  • Xeral

Veciños e asociacións valoran o informe de ICOMOS sobre as gárgolas do Hostal

Un momento do pleno de Brion no que se destinou un millón de euros ao pago de facturas
4 minutes read
  • Xeral

Brión rebaixa a taxa do lixo

Rois: aprobadas en pleno a renovación de ordenanzas fiscais
3 minutes read
  • Xeral

Rois actualiza licencias e cede xestión á Deputación

Concello de A Estrada_DSC9226 slide_r
3 minutes read
  • Xeral

Reclama que se respete na Estrada a Lei de Memoria Democrática

compostela arco de mazarelos_good 7 novembro 2026
3 minutes read
  • Compostela

Unha nova vida para o Arco de Mazarelos

ateneo desafios intelixencia artificical 7 novembro 20226
2 minutes read
  • Xeral

Os desafíos da Intelixencia Artificial nos Luns do Ateneo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (116) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2831) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (835) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (740) Politica (951) saúde (534) Servizos (2705) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.