займ срочно

Buscan unha solución para o tráfico interior da Pontepedriña

0

Compostela, 10 de abril do 2023 – O problema da rúa de Vedra é un máis dos que ten a Pontepedriña en canto ao tráfico pero muro lindeiro coa estación ponos sobre a mesa.

O candidato popular á alcaldía, Borja Verea, reuníase cos veciños e apostaba polo retranqueo do muro da rúa de Vedra. Consideraba que a solución de “fixar unhas pedras con cemento” non é suficiente e hai que buscar un acordo definitivo.

Durante a reunión, o candidato á Alcaldía insistiu en levar a cabo un estudo serio do tráfico na zona xa que “hoxe en día existen rúas, como a Brión, nas que é imposible manobrar con coherencia”. O que propón é “evitar rodeos innecesarios que complican o tránsito diario dos vehículos dos alí residentes”.

A maiores dos problemas das rúas interiores da Pontepedriña, Verea cualificou de “imprescindible” unha humanización do Restollal pero sen esquecer que “estamos a falar dunhas das principais vías de entrada á cidade e non podemos de súpeto eliminar o tráfico desta zona”. Así, para o candidato popular  é necesario soterrar a rotonda e mellorar o acceso peonil, co que se facilitaría a vida dos veciños de Pontepedriña.

A proposta é moi semellante a xa anunciada polo equipo de goberno de Sánchez Bugallo aínda que desde o Partido Popular son moi críticos. Explican que o candidato socialista

 “continúa coa súa táctica de presentar os mesmos proxectos que hai 4 anos, como o que lles intentou vender aos veciños do Restollal e que non convenceu a ninguén, ou como a piscina de Santa Marta, da que durante esta lexislatura nada de soubo pero que agora en plena campaña volve sacar da chisteira”.

Desde o goberno municipal atópanse coa postura do ADIF que quere que o custo do retranqueo sexa asumido polo concello. Bugallo non está disposto a pagar a remodelación da zona se o muro non se retira cando menos tres metros pero desde o Administrador de Infraestruturas Ferroviarias só ofertan un e medio.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies