Compostela, 8 de febreiro do 2023 – As novas arredor da nave alugada á empresa Desprol para medio rural seguen crecendo cada día e agora o Partido Popular de Santiago remontase ao 2011 nunha nova denuncia.
Os Populares accedían á alcaldía da cidade nas eleccións do 2011 substituíndo a Xosé Sánchez Bugallo. Agora contan que no traspaso de poderes o alcalde socialista prorrogou presuntamente unha licencia de obra a Desproi que estaba caducada.
Nunha rolda de prensa o voceiro popular, José Manuel Constenla, dixo que “cada vez estamos máis convencidos que isto atende ao interese socialista e non ao interese social”. Segundo o PP a documentación acredita que “a licencia inicial solicitouse o 18 de febreiro do ano 2008, mentres gobernaba o alcalde Bugallo, como a empresa non foi quen de rematar as obras en tempo, é dicir, nos dous anos e seis meses que lle correspondía, o Goberno socialista tomou a decisión a sabiendas de ampliala o día 14 de xuño de 2011, cando xa dita licencia estaba caducada e tiña que ser renovada, ademais de ter que realizarse os pagos que son necesarios”.
O Partido Popular engade a estes datos que o alcalde “falta á verdade ao explicar o alugueiro xa que cando ofrece datos nas súas pasadas comparecencias, afirma que a licencia era do 2012, o que non é certo”. Constela remarcou ademais que “algo que resulta incomprensible é que o contrato o fixera a empresa beneficiada, en vez de facelo a Administración local”.
O voceiro Popular subliñou que, neste momento, hai moitas preguntas sen resposta como: por que non se comproba se a empresa estaba ao corrente de pago coa Administración?, sabían si tiña a licencia de actividade?, por que as datas de contrato non cadran?, por que non comprobaron de quen era a propiedade?, ninguén se deu conta do que estaba a acontecer? ou quen foi o responsable de facer todos estes trámites?, entre outras.