Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Compostela
  • Xeral

Compostela ponse de uñas

COMPOSTELA FESTA DAS UNHAS 12 MARZO 2026

Compostela, 12/03/2026 – Cando aínda o xurado do Santiago(é)Tapas anda contando puntos e calculando premios a cidade se prepara para outra festa gastronómica: A da Uña de San Lázaro.

A edición 2026 estará dedicada a a cinco dos fundadores da “Orde da Uña”, a asociación que organiza as actividades festivas: Evaristo Carracedo, Ramón Carril, José Luis Míguez, Manuel Moure e Pepe Puente.

A concelleira de Turismo, Míriam Louzao, o presidente da asociación gastronómica e cultural Orde da Uña, Fernando Neira, e o xerente do Centro Comercial As Cancelas, Javier Nicolás Blanco, presentaron o programa da Festa da Uña.

Unha celebración con gran tradición en Compostela, que é ademais unha das festas gastronómicas máis antigas do país, e coa que colabora Turismo de Santiago grazas ao apoio da Deputación da Coruña.

Míriam Louzao destacou que a Festa da Uña é unha das festas máis senlleiras de Compostela, que cada ano vai consolidando novidades que fan que a festa sexa atractiva non só para as persoas do barrio e do conxunto do concello, senón tamén para toda a contorna e os turistas que queiran coñecer a esencia dun dos barrios máis singulares de Compostela.

Este ano consolídase a inauguración da Festa cunha degustación de Uñas no Centro Comercial As Cancelas. Nesta ocasión incluirá música ao vivo e un pregón a cargo dos fundadores da Asociación “Orde da Uña”, representados por José Luis Míguez. Esta degustación terá lugar a partires das 20.00 horas do venres 20 de marzo.

Este ano ademais a SD Compostela agasallará cunha entrada ás persoas que consuman Uñas de San Lázaro para o partido SD Compostela vs Racing Villalbés, que terá lugar no Estadio Vero Boquete o domingo 22 de marzo.

En esta edición son 27, dous máis que o ano pasado, os restaurantes, do barrio de San Lázaro pero tamén doutros barrios, que ofrecerán durante estes días as súas versións do tradicional prato das Uñas, que adoitan acompañarse de bertóns, patacas e chourizo.

Os locais que ofrecen as uñas, así como o programa completo da Festa, incluíndo a tradicional poxa de uñas, poden consultarse na páxina web de Turismo de Santiago www.santiagoturismo.gal.

A Asociación Orde da Uña dedica a Festa deste ano á memoria dos veciños do barrio Evaristo Carracedo, Ramón Carril, José Luis Míguez, Manuel Moure e Pepe Puente, fundadores da “Orde da Uña”, asociación que organiza as actividades festivas.

Post navigation

Previous: Campaña a favor dun mellor transporte metropolitano
Next: Todo listo para a XI Andaina Terras de Altamira

Máis novas

Un momento do último Consello de Goberno da USC
5 minutes read
  • Xeral

A convivencia interxeneracional un dos eixos do plan de vivenda de estudantes da USC

José Antonio Domené solista na entrega do Portus Apostoli no Harp Fest de Noia
5 minutes read
  • Xeral

O arpista José Antonio Domené súmase ao Noia Harp Fest

Unha imaxe da última edición do WOS Festival
3 minutes read
  • Xeral

Primeiras confirmacións no WOS Festival 2026

Vehículos de emerxencias nunha intervención
2 minutes read
  • Teo

Teo homologa o Plan de Emerxencias Municipal

Imaxe da Ponte Maceira nas Noites en Vela nuha edición pasada
3 minutes read
  • Xeral

Hoxe chegan as Noites en Vela de Ponte Maceira

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Compostela

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2774) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (613) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (812) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2674) sindicatos (109) Social (552) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (581) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.