Compostela, 30 de outubro do 2024 – O vindeiro sábado día 2 a Sala Potemkin acolle a terceira edición de Poliédrica, en este caso xirando arredor do escuro baixo o nome de Poliédrica Black.

Os eventos Poliédrica están organizados por un colectivo de artistas de diferentes áreas que cansos de buscar locais axeitados para o que fan (prezos, dificultades e permisos para a adaptación dos locais, etc.) decidiron aproveitar espazos xa en funcionamento e así naceu Poliédrica.
Julia, un dos integrantes do colectivo, cedeu o seu taller para a primeira edición. O reto é adaptarse ao espazo e non buscar un espazo adaptado. O segundo evento celebrouse no local dunha asociación e este ano ser´´a nun estudo de música, nos Potemkin dos que xa falamos en Lindeiros.
O sábado dous de novembro Polédrica Black comezará a partir das cinco da tarde cunha exposición de artistas plásticas con obras “esotéricas, escuras, místicas”. Sera nun formato Pop Up que rematará as nove para que comece a segunda parte do evento.
Polédrica Black terá un concerto de tres grupos a partir de ese momento. Entrada é libre e gratuíta. A obxectivo final do colectivo é descentralizar os eventos culturais e levalos aos barrios e espazos distintos.
