Compostela, 11 de xullo do 2023 – Compostela leva máis dunha semana falando da negativa da alcaldesa, Goretti Sanmartín, a acudir á Ofrenda ao Apóstolo, pero parece que non é suficiente.

A reincidencia no tema ven agora dada pola intención do concello de facer algo que xa anunciara, un acto civil o 25 de xullo. Este evento denominado “Alba de Compostela” é unha homenaxe ao discurso de Castelao “Alba de gloria” e celebrarase nun horario que “non coincida co resto de actos de ese día na cidade”.
En esta “Alba de Compostela” homenaxearase persoas ou entidades que atendan “a criterios de identificación con Santiago, arraigo social, relevancia ou proxección e que serán do orgullo e do agrado da sociedade compostelá”.
Esta intención, como dicimos xa expresada na reunión que Goretti Sanmartín mantivo co Arcebispo Francisco Prieto, é o que provocou unha nova serie de críticas ao equipo de goberno. Poderíase pensar que temas como o transporte, o ciclo da auga, Peleteiro ou a Casa da Xuventude serían os que darían enfrontamentos máis fortes pero non; que ninguén se ofrenda pero non ten moito sentido.
Akelarre nacionalista
Como era de esperar o Partido Popular foi o máis creativo á hora de buscar cualificativos para este acto civil. Nunha rolda de prensa o vicevoceiro, José Antonio Constela, falou dun “Akelarre nacionalista” e asegurou que non é certo que a cidade non contara cun acto propio o 25 de xullo porque si que o é a ofrenda.
Constenla recoñeceu que estarían de acordo coa entrega de recoñecementos a persoeiros da cidade pero non de esta maneira. Pese a intención do goberno municipal de que os horarios non coincidan o Partido Popular considera que “Alba de Compostela” contraprograma a ofrenda.
Actuación irresponsable
Non foi menos crítico o Psoe. O voceiro Gonzalo Muíños dixo que “É lamentable que persoas e institucións merecedoras deste recoñecemento sexan utilizadas de escudo político e se vexan inmersas en este tipo de polémicas por unha actitude irresponsable da alcaldesa”.
Muíños engadiu que a alcaldesa, como máxima representante das veciñas e veciños de Santiago “de todos e todas, é a súa obriga asistir a un dos actos máis relevantes do calendario institucional de Compostela”.
Sentidiño
Si ven a decisión de Goretti Sanmartín de non acudir á ofrenda é lóxico que reciba críticas dunha parte da sociedade, nin é toda nin ten a importancia que se lle quere dar.
En primeiro lugar é lóxico pensar que os votantes do BNG e de Compostela Aberta estean de acordo con esta decisión. Por outra banda a polémica debería estar superada porque xa sucedera co alcalde Martiño Noriega e, máis alá do ruído, non tivo ningún efecto na vida da cidade.
Que ninguén se ofrenda pero nin toda a cidade pensa que debera ir, nin é unha actitude que poña en risco a vida de Compostela, nin se pode ser máis “papista que o Papa”. O Arcebispo, Monseñor Francisco Prieto, dicía tras a reunión con Goretti Sanmartín que “respectaba pero non compartía” E o facía nunha declaración na que recoñecía que se trataba dun acto litúrxico e que España é un estado aconfesional, dúas circunstancias que a oposición parece esquecer.
Deixamos as palabras do Arcebispo porque sempre esta ben escoitar e que cada quen constrúa a súa propia opinión.
