Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

O pleno de Compostela deixa unha de cal e outra de area

compostela pleno orzamentosnormal 28 febreiro 2025

Un recoñecemento extraxudicial de crédito rexeitado pero un cambio no PXOM aprobado que preserva o edificio das actuais escolas de maxisterio na avenida de Xoán XXIII.

Imaxe de arquivo dun pleno anterior

O pleno ordinario de Compostela tiña unha vez máis o interesa d saber ata onde chegan os apoios do goberno municipal. O resultado da pregunta e unha incógnita e o único que está claro é que o PP votara en contra sempre que poda, mesmo cando haxa que pagar facturas que todos asumen como unha débeda real.

No punto en cuestión falouse máis do cambio de modelo de transporte público que da factura en cuestión, tal vez porque no tema da factura non hai debate, Débense 400000 euros a unha empresa polo aluguer de autobuses; a baixa de dous funcionarios retrasou o pago que estaba sendo en tempo e forma; unha vez rematado o ano o único xeito de aboar a factura e cun recoñecemento extraxudicial.

Os non adscritos, ex concelleiros socialistas, decidiron absterse por que non se lles consultou. A abstención sumada ao voto en contra do PP fai que o punto teña que volver en outro pleno cos votos garantidos, pouco máis. O centro da cuestión é que a procura de solucións ás averías dos autobuses levou a este aluguer. Unha trampa dialéctica porque se non se fixera o goberno recibiría críticas e ao facelo as recibe igual por non ter sacado o novo contrato de transporte.

A factura terá que volver a pleno, terá que pagarse e teremos que ver os argumentos en ese pleno. Algún concelleiro tería que explicarlle a empresa porque recoñece que ten dereito a cobrar pero que prefire retrasar un pouco máis o pago.

Unha de area

Non todo foi malo aínda que haberá que pense que preservar o edificio das escolas de maxisterio non é preciso. Aquí si que se dou a unanimidade e o pleno acordou aprobar de forma definitiva a modificación do PXOM núm. 1 no ámbito da OE-6. Xoán XXIII – Universidade.

O meollo do asunto é que no pasado alguén pensou que esa parcela era boa para un uso hoteleiro. Primouse o negocio antes que o patrimonio, Este cambioven a reparar aquel erro e visto na distancia enténdese mellor porque foi un erro.

O edificio que hoxe alberga o colexio López Ferreiro e as Facultades de Enfermaría e de Ciencias da Educación ocupa unha parcela situada na esquina entre a Avenida de Xoán XXIII e a rúa dos Xasmíns, cunha superficie aproximada de 8.798 m².

O conxunto foi proxectado en 1967 por Fernando Moreno Barberá e constitúe un exemplo relevante da arquitectura docente do Movemento Moderno, polo que alberga “elementos dignos de protección”, en verbas do concelleiro de Urbanismo, Iago Lestegás.

O obxecto principal da modificación puntual é “protexer o valor arquitectónico e ambiental do edificio” e incorporalo ao Catálogo de bens culturais do PXOM. Con esa finalidade inclúese o edificio existente no Catálogo coa referencia A-69, e co nivel de protección estrutural.

Na ficha de catalogación sinálanse os caracteres determinantes e as normas de protección específica, con indicación das actuacións permitidas, e delimítase o contorno de protección do inmoble catalogado. Para garantir a protección do edificio estimouse necesario preservar o uso dotacional existente. Así, mantense a cualificación do equipamento docente DOC-10 (colexio López Ferreiro), e cualifícase o resto da parcela como dotación pública do sistema xeral de equipamento comunitario (RE-OE.6).

Na reserva de equipamento RE-OE.6 admítense os seguintes usos dotacionais, todos eles permitidos polo artigo 136 do PXOM no sistema de equipamentos públicos: docente-investigación, deportivo, sanitario e asistencial, sociocultural, público-administrativo, así como “calquera outro uso dotacional” que reúna as condicións do citado artigo 136.

Post navigation

Previous: Frades aproba unha transferencia de crédito para arranxo de estradas
Next: O Noia Harp Fest presenta a súa programación 2025

Máis novas

Teo lugar no que se situaría a planta de residuos de Cacheiras
4 minutes read
  • Xeral

Segue a preocupación en Cacheiras, Teo, pola instalación da planta de reciclaxe

compostela vista posterior pazo raxoi imaxe google maps
3 minutes read
  • Compostela

Compostela recepcionará as obras do Pazo de Raxoi

granell slide
2 minutes read
  • Axenda

Alejandra Pombo presenta na Granell “o que me mira rodeándome”

Presentación en Melide a campaña "No caminas sola" do Miisterior del INterior
3 minutes read
  • Xeral

“No caminas sola”, prevención nos Camiños a Santiago

Presentación en Compopstela do manifesto "Por u monte galego con futuro"
13 minutes read
  • Xeral

Por un monte galego con futuro

Ortoño celebrará o vindeiro domingo vinte anos da Festa do Courizo ao Viño. Organizada pola Asociación Gastronómica, Recreativa e Cultural do Chourizo ao viño degustará tamén orella cocida e todo com guarnición de cachelos.
4 minutes read
  • Xeral

XX Festa do Chourizo ao Viño de Ortoño

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e o chef Álex Iglesias presentaron os “Tardeos no Pico Sacro”, unha iniciativa do Concello para poñer en valor o seu enclave turístico máis importante, que acaba de ser elixido pola Xunta para converterse en Ben de Interese Cultural, a través dunha nova e completa oferta cultural, turística e gastronómica.
4 minutes read
  • Axenda

“Tardeos no Pico Sacro” a proposta de Boqueixón para un verá diferente

Os alcaldes de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e Touro, José Manuel Reboredo, nunha das zanxas de canalización de auga
4 minutes read
  • Boqueixón

Boqueixón e Touro colaborarán no abastecemento de auga potable

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2768) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (608) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1427) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1616) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (810) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (726) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (549) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.