Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Salvagardar o Espiño

compostela finca do espinho 31 xaneiro 2025

Compostela, 31 de xaneiro do 2025 – Compostela segue dando pasos para fortalecer e preservar un patrimonio natural xa moito máis importante que o de outras vilas maiores, agora foi o momento de salvagardar a finca do Espiño.

O Pleno municipal acordou a aprobación definitiva da modificación puntual do PXOM e do PE-1 que suprime o aproveitamento lucrativo na parcela privada da Finca do Espiño.

O obxectivo de esta modificación é preservar a calidade ambiental e paisaxística deste espazo. A decisión tomouse cos votos favorables de BNG, CA e PSdG e a abstención do PP.

A aprobación no ámbito da Finca do Espiño permitirá eliminar a edificabilidade e os usos privados nesta parcela previstos no planeamento aprobado en 2004.

Agora distínguense dúas zonas no ámbito suxedo Espiño. Por unha banda unha zona cualificada como dotación pública, que inclúe os parques urbanos denominados PU-14.1.b e PU-FE e máis o equipamento SC-FE.

Por outro lado unha zona edificable de titularidade privada, a parcela EM-FE, de 8.012 m2, disposta no perímetro do ámbito, con aproveitamento lucrativo, na que se permite edificar un volume de 10.500 m2 construídos.

Esta parcela privada poderá albergar distintos usos de carácter privado de tipo asistencial, sociocultural, sanitario, hoteleiro e residencial comunitario.

O concelleiro de Urbanismo, Iago Lestegás, destacou que esta modificación preserva a calidade medioambiental da finca do Espiño e de toda a zona, engadindo que se trata “dun miradoiro excelente sobre a fachada oeste da cidade histórica, que constitúe o perfil máis característico e recoñecible de Compostela” e que ademais conta cunha “contorna ambiental de gran valor, atravesada polo río Sarela e enmarcada polo monte Pedroso” e “perfectamente visible” desde a Alameda, polo que esta actuación se fai sobre este ámbito “co obxectivo de preservar os seus valores ambientais e paisaxísticos”.

Na nova ordenación proposta, ao solo cualificado como PU-FE aplicaráselle a ordenanza do sistema de parques, xardíns urbanos e espazos libres do PXOM (artigo 137), e ao solo cualificado como SC-FE, que inclúe o palacete e os xardíns vinculados a el, cuxo uso previsto é sociocultural compatible con calquera outro dotacional público que o Concello considere de interese, aplicaráselle a ordenanza de equipamentos públicos do PXOM (artigo 136).

Establécense ademais condicións específicas de integración ambiental do conxunto, incluído o mantemento do arborado de interese e, na medida do posible, das trazas dos muros e bancais que definen o relevo do lugar.

Ao respecto da adquisición por parte do Concello dos terreos que considere convenientes, esta poderá facerse a través de calquera dos mecanismos previstos na Lei do Solo, é dicir, a través de convenio coa propiedade, permuta forzosa ou expropiación de terreos.

Post navigation

Previous: Músicas na Linde: Andrea Porto (A Banda da Loba)
Next: A Baña aproba un orzamento de 4,6 millóns de euros

Máis novas

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Imaxe do IES que será reformado
3 minutes read
  • Xeral

A Comunidade Escolar do IESP de Ames cuestiona a legalidade do cambio de horario

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación

15 DJs, selectoras e coleccionistas en tres xornadas dedicadas á cultura do disco como parte do WOS
3 minutes read
  • Xeral

O WOS Festival incluirá o evento Muelle 1931 Shop

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (731) Politica (944) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.