Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Compostela levará a un pleno extraordinario a cuestión dos concelleiros socialistas e a ordenanza da taxa turística

Concello de Santiago 20170214_120815 slide_r

O goberno municipal quere tamén aproveitar a sesión extraordinaria para resolver pequenas correccións do cadro de persoal

O goberno municipal de Santiago de Compostela xa ten nas súas mans o informe do secretario sobre a cuestión dos concelleiros expulsados do partido socialista. O secretario esgotou o tempo legal para presentar o documento aínda que a alcaldesa, Goretti Sanmartín, xa adiantara que esta semana estaría rematado.

Imaxe de arquivo dun poleno municipal

Desde o goberno aseguran que a vindeira semana celebrarase un pleno extraordinario aínda que non se decidiu o día. O goberno municipal aproveitará a sesión para tratar dous temas máis. O primeiro unhas pequenas correccións no cadro de persoal, necesarias para poder sacar a oferta pública de emprego que hoxe mesmo foi presentada.

Por outra banda levarase tamén a este pleno extraordinario a ordenanza municipal que regulará a taxa turística. Unha ordenanza que foi xa presentada ao sector e que se pretende implementar este verán tal e como avanzara a concelleira responsable Miriam Louzao.

Concelleiros ex socialistas

A situación dos concelleiros expulsados do partido socialista pasará tamén polo pleno aínda que se trata dunha mera cuestión administrativa. O informe do secretario previsiblemente apoiará o paso dos edís ao grupo de non adscritos polo que o grupo socialista quedará formado unicamente por Sindo Guinarte, que será o voceiro, e Marta Abal.

O paso a concelleiros non adscritos ten como consecuencia a perda dos privilexios de grupo político. Non disporán de soldo, nin de asesores. Queda pendente saber si se lles asignará algún espazo no concello para desenvolver as súas actividades, aínda que tampouco é obrigatorio segundo a normativa.

Post navigation

Previous: Frades e Xunta de Galicia avanzan en melloras para o concello
Next: A Baña celebra a Festa dos Maios este domingo

Máis novas

Teo lugar no que se situaría a planta de residuos de Cacheiras
4 minutes read
  • Xeral

Segue a preocupación en Cacheiras, Teo, pola instalación da planta de reciclaxe

compostela vista posterior pazo raxoi imaxe google maps
3 minutes read
  • Compostela

Compostela recepcionará as obras do Pazo de Raxoi

granell slide
2 minutes read
  • Axenda

Alejandra Pombo presenta na Granell “o que me mira rodeándome”

Presentación en Melide a campaña "No caminas sola" do Miisterior del INterior
3 minutes read
  • Xeral

“No caminas sola”, prevención nos Camiños a Santiago

Presentación en Compopstela do manifesto "Por u monte galego con futuro"
13 minutes read
  • Xeral

Por un monte galego con futuro

Ortoño celebrará o vindeiro domingo vinte anos da Festa do Courizo ao Viño. Organizada pola Asociación Gastronómica, Recreativa e Cultural do Chourizo ao viño degustará tamén orella cocida e todo com guarnición de cachelos.
4 minutes read
  • Xeral

XX Festa do Chourizo ao Viño de Ortoño

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e o chef Álex Iglesias presentaron os “Tardeos no Pico Sacro”, unha iniciativa do Concello para poñer en valor o seu enclave turístico máis importante, que acaba de ser elixido pola Xunta para converterse en Ben de Interese Cultural, a través dunha nova e completa oferta cultural, turística e gastronómica.
4 minutes read
  • Axenda

“Tardeos no Pico Sacro” a proposta de Boqueixón para un verá diferente

Os alcaldes de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e Touro, José Manuel Reboredo, nunha das zanxas de canalización de auga
4 minutes read
  • Boqueixón

Boqueixón e Touro colaborarán no abastecemento de auga potable

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2768) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (608) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1427) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1616) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (810) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (726) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (549) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.