Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Compostela apoia as demandas do servizo de axuda no fogar

O pleno de Compostela aprobou por unanimidade distintos acordos entre os que está o apoio ás traballadoras do servizo de axuda no fogar.
compostela-pleno-ordinario-decembro-slide-23-decembro-2021_r

Table of Contents

Toggle
  • Compostela, 23 de decembro do 2021 – O pleno de Compostela aprobou por unanimidade distintos acordos entre os que está o apoio ás traballadoras do servizo de axuda no fogar.
    • PXOM
    • Pacto polo rural
    • Outras mocións

Compostela, 23 de decembro do 2021 – O pleno de Compostela aprobou por unanimidade distintos acordos entre os que está o apoio ás traballadoras do servizo de axuda no fogar.

Trátase dunha moción conxunta de todos os grupos da corporación na que se indica que “as traballadoras do SAF, que atenden a máis de 25.000 persoas dependentes, levan anos loitando por dar voz ás súas demandas, en concreto á necesidade de renovar o convenio colectivo que non se revisa desde 2009”.

Esta situación provoca unha precarización das condicións deste colectivo que non ten recoñecidos a xornada completa nin o contrato indefinido, nin tampouco conta con axudas técnicas nos domicilios, o que provoca problemas músculo-esqueléticos, de depresión ou ansiedade. Ademais as doenzas derivadas do seu traballo non son consideradas como enfermidades profesionais nin existe a posibilidade de xubilación anticipada.

PXOM

O pleno do concello de Santiago, que comezou cun minuto de silencio polas vítimas de violencia machista, aprobou tamén por unanimidade a modificación puntual do PXOM no ámbito do SUD 9-10, estrada de Vigo-Chouchiños.

A moción incorporou unha emenda transaccional que recollía parte da emenda presentada polo BNG. O texto dese emenda recolle a proposta de “acometer a modificación do PXOM no ámbito do SUD 9-10 estrada de Vigo Chouchiños co obxecto de darlle maior superficie ás parcelas dotacionais previstas que permitan a ampliación do complexo hospitalario, resolver mellor os graves problemas de mobilidade e estacionamento e facer viable o desenvolvemento do planeamento”.

A modificación formulouse de oficio polo Concello de Santiago de Compostela, a través dos Servizos técnicos de Planeamento e Xestión, co obxecto principal de executar a sentenza nº 274/2014 do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Esta sentenza anula as determinacións do vixente plan xeral no que atinxe á clasificación dos terreos propiedade do recurrente, declarando a súa condición de sólo urbano consolidado, e a súa conseguinte exclusión do sólo urbanizable SUD 9/10. Con esta modificación, tamén se corrixe o trazado do Camiño Portugués incorporado pola Xunta en 2014, distinto do previsto no PXOM e que afecta ao citado sector.

Pacto polo rural

Así mesmo, recibiu o apoio de todos os grupos a proposición do BNG para aplicar as medidas do Pacto polo Rural do Concello de Santiago de Compostela. O edil José Manuel Pichel indicou que se asinará o devandito pacto o antes posible.

Outras mocións

Con maioría suficiente foron tamén aprobadas mocións para buscar solución ao senfogarismo, de apoio ao tren de proximidade ou para a regulación da música ao vivo, todas de Compostela Aberta.

O BNG sacou adiante unha moción sobre accesibilidade na rúa Bispo Teodomiro, a demanda dun pediatra a tempo completo no centro de saúde de Galeras, a ampliación de servizos nos centros educativos, e a mellora da iluminación na rúa do Home Santo e de acceso ao Museo do Pobo Galego.

O Partido Popular conseguiu a aprobación dunha proposta para que non sexa ampliado o aforo dunha discoteca da cidade, melloras nos barrios de San Lourenzo e Carmen de Abaixo, e un estudo sobre o uso gratuíto de comunicacións nas vellas cabinas telefónicas. 

Post navigation

Previous: Ames unirá As Mimosas e Biduido cunha senda peonil
Next: Asínase o convenio para a construción da nova depuradora de Rois

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.