займ срочно

O Pleno de Compostela ratifica os acordos electorais comprometidos co Foro Cívico de Santiago

0

Compostela, 31 de xullo do 2019 – O Pleno ordinario de Santiago aprobou unha declaración institucional coincidente cos compromisos adquiridos polos partidos. durante a campaña, co Foro Cívico de Santiago.

A Declaración partiu dunha proposta presentada ao pleno polo Partido Popular. En ela fíxanse unha serie de obxectivos prioritarios como a industrialización da cidade, a estación intermodal, as infraestruturas A-54 e “Orbitaliño”, a estación depuradora de augas residuais (EDAR) e a reforma e modernización da Administración municipal. Todos estes propósitos coinciden cos incluídos no acordo asinado co  Foro Cívico.

Novo centro cívico para  o Casco Vello

Era unha das propostas con máis polémica antes do pleno. O acordo de  destinar a Casa de Elisa e Jimena Fernández de la Vega a un novo centro cívico para o Casco Vello aprobouse  cos votos favorables de CA e BNG a abstención de PSdeG-PSOE e PP aínda que o goberno municipal non ten intención de levala a cabo como xa expresou en distintas ocasións.

pleno compromisos foro cívicoTanto a concelleira de Cidade Histórica, Mercedes Rosón, coma o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, indicaron que a USC non asinou o convenio e que se está negociando con esta institución. Manifestaron a vontade de destinar este edificio á nova Oficina da Cidade Histórica e apuntaron que se están avanzadas as negociacións coa Fundación Abanca para recuperar seu edificio a carón da Casa de Elisa e Jimena Fernández de la Vega, na praza de Salvador Parga, para destinala á veciñanza da Cidade Histórica. Lembraron que se trata dun inmoble de 1.000 metros cadrados nunha única planta e cunha gran funcionalidade.

Concellos Doing Business Galicia

Outro dos acordos da Corporación foi a adhesión do Concello de Santiago ao protocolo xeral de actuación entre a Xunta de Galicia e a FEGAMP para fomentar a implantación e a fixación de empresas en Galicia mediante a creación da iniciativa Doing Business Galicia. Votaron a favor PSdeG-PSOE e PP e en contra CA e BNG. Na bisbarra están integrados en esta iniciativa Ames, Boqueixón, Frades, Melide, Noia, Ordes, Oroso, Santa Comba, Teo, Val do Dubra e Vedra.

Lingua e artes visuais

Cos votos favorables de CA e BNG e a abstención de PSdeG-PSOE e BNG, aprobouse unha proposición dos nacionalistas para a creación do “Espazo das nosas palabras” nun edificio da Cidade Histórica para “contribuír ao proceso de dignificar e dar a coñecer que Galiza ten un idioma propio e unha cultura que nos distingue como pobo”.

Co mesmo resultado na votación, saíu adiante unha proposición presentada por Compostela Aberta instando ao Concello a impulsar e publicar unha terceira convocatoria de proxectos de apoio á creación en artes visuais 2020-2021, buscando a colaboración, se fose posible, da Fundación Granell, para facilitar un espazo alternativo de exhibición destes proxectos derivados da convocatoria. Tamén se pide a publicación dun catálogo en papel que sirva de memoria do traballo feito na Zona C, ante o seu inminente peche por mor da ampliación do Museo do Pobo Galego.

Transporte Urbano

O capítulo de proposicións aprobadas pechouse cunha do PP que solicita a revisión e información pública do proceso de licitación do servizo de transporte urbano con carácter previo á súa licitación. Ademais do grupo propoñente, votou a favor o BNG. CA votou en contra e o PSdeG-PSOE abstívose.

Mocións

No apartado de mocións, aprobouse por unanimidade unha do PP solicitando a resolución das deficiencias na vía de servizo da autovía no contorno de Amarelle e a continuidade do trazado entre as estradas A-54 e N-547. En nome dos veciños de Amarelle-Lavacolla interveu Manuel Ventosa, quen falou de problemas nos firmes, no tratamento de pluviais, nas sinalizacións, etc. A proposición tamén reivindica un proxecto complementario para darlle un tratamento axeitado á continuidade do itinerario entre antiga N-634 dende as proximidades do paso subterráneo existente preto da cabeceira da pista do aeroporto de Lavacolla ata enlazar coa N-547, nas inmediacións dos terreos do polígono empresarial do Pino.

Ademais, deuse o o visto bo á moción do BNG grazas á cal o Concello demandará ao Goberno do Estado a dotación orzamentaria precisa para AENA construír a nova estación depuradora de augas residuais do aeroporto de Lavacolla. Igualmente, solicitaralle as medidas oportunas para deter a contaminación actual e mellorar a protección ambiental. O segundo punto aprobouse por unanimidade, mentres que o primeiro recibiu o voto en contra do PSdeG-PSOE.

A unanimidade tamén foi o resultado da moción presentada polo BNG para instar ao Concello a licitar con carácter inmediato o concurso dos comedores escolares de acordo coas demandas da comunidade educativa e tendo en conta a petición da FANPA para mellorar a calidade deste servizo a partir do vindeiro curso 2019-2020.

A maiores, aprobouse unha moción do BNG que insta ao Concello a organizar en Santiago un evento para promocionar os viños galegos con Denominación de Orixe, co obxectivo de enriquecer o turismo gastronómico. Votaron a favor CA e BNG, e abstivéronse PSdeG-PSOE e PP.

Igualmente, recibiu o visto bo da Corporación unha moción de Compostela Aberta instando á Xunta de Galicia a declarar O Souto como Espazo Natural de Interese Local de xeito provisional, e demandando ao Concello a elaboración do plan de conservación deste espazo. Votaron a favor CA e BNG, e abstivéronse PSdeG-PSOE e PP.

Para finalizar, aprobouse unha moción de urxencia presentada por Compostela Aberta sobre os usos do campo de rugby da USC. O primeiro punto, relativo ao apoio á práctica do rugby, recibiu o apoio de PSdeG-PSOE, CA e BNG, coa abstención do PP. Os outros tres puntos -relativos ao cumprimento do convenio de colaboración entre a USC e o Concello sobre o acondicionamento do campo de fútbol do Campus Vida e sobre a cesión de uso do campo de fútbol-rugby- foron ratificados por CA e BNG, mentres que PSdeG-PSOE e PP abstivéronse.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies