Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

O Psoe segue coa liorta no pleno de Compostela

compostela lio psoe 20 xaneiro 2025

Os concelleiros que seguen dentro do Psoe  ausentáronse, os expulsados pediron desculpas polo comportamento dos primeiros e o goberno municipal acabou dando explicacións.

As liortas internas do Psoe de Santiago acabaron protagonizando o pleno de abril en Compostela. Sindo Guinarte e Marta Abal non acudiron ao pleno pero, ao non avisar a ninguén, producíronse momentos de confusión no inicio da sesión.

Os ausentes

Todo comeza porque o pleno non vai tomar en consideración, facer efectiva, o paso dos expulsados ao grupo de non adscritos. O Psoe emitiu un comunicado no que Sindo Guinarte di “coa ausencia desta toma en consideración por parte do pleno das expulsións que se produciron impídese pola vía dos feitos que os únicos representantes lexítimos do Partido Socialista a día de hoxe na corporación poidan tomar posesión dos seus respectivos cargos e actúen como representantes legais perante a corporación municipal de Santiago.”

Guinarte engade que “pola contra, permítese que persoas que foron expulsadas do Partido Socialista sigan falando no seu nome perante o concello de Santiago a todos os efectos, que sigan presentando iniciativas e intervindo como se seguisen sendo a voz socialista no Pazo de Raxoi.”

Rematan asegurando que están valorando todas as medidas legais e xudiciais que poidan tomar.

Os expulsados

Fronte ao comunicado do Psoe os concelleiros, polo momento, do grupo municipal socialista emiten tamén unha nota de prensa na que din que non acudir ao pleno é “Unha decisión que vulnera as súas obrigas como concelleiros desta cidade e que, alén de consideracións políticas, supón unha falta de respecto ás veciñas e veciños ás que temos a enorme honra e responsabilidade de representar”.

Estes concelleiros piden desculpas e engaden que Gonzalo Muíños presentou 48 antes ao secretario as alegacións que consideraba oportunas. Lembran que “non é ningún concelleiro ou concelleira o competente para fixar os prazos dun procedemento de audiencia administrativa” facendo referencia a que só o secretario municipal vixía os prazos do proceso.

O goberno local

En medio de toda esta liorta do Psoe o goberno municipal tivo que acabar por publicar unha aclaración sobre o sucedido e lembrando as datas e as leis que marcaron a situación. Por un lado o goberno explica que “Neste contexto, foi necesario confirmar que o procedemento estaba rematado formalmente para iniciar as mudanzas que atinxen á composición do Pleno” e por outro engade que “Non caben insinuacións de parcialidade cando o que se fixo foi, precisamente, manter a máis estrita imparcialidade. O Goberno municipal lamenta o nivel de tensión xerado entre os diferentes membros da Corporación, que afectou ao normal desenvolvemento do Pleno”.

O pleno

Tras esta liorta o pleno comprobou que tiña quórum e desenvolveuse sen mais problemas. Aprobou de forma inicial, entre outras cousas, a ordenanza de xestión de residuos, que busca mellorar a calidade ambiental e a recollida de 40.000 toneladas ano de residuos. Anormal actual data do 2008.

Tamén se aprobaron por unanimidade unha proposición para desenvolver políticas de envellecemento activo e saudable e tres mocións relativas a melloras nas rúas dos Pexigos, Entrepexigos e Praza de Marcial Villamor; para a reactivación da mesa local de comercio e o establecemento dunha periodicidade mínima de convocatorias; e sobre o retraso na elaboración do Plan municipal de mocidade do concello; todas elas presentada polo grupo municipal do PP .

Post navigation

Previous: Melloras no aparcamento público de Lestedo en Boqueixón
Next: Teo proporá o nomeamento de Roberto Vilar e Romero Masiá como fillos adoptivos do municipio

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.