Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Novo regulamento de circulación e plan de mobilidade para Compostela

compostela-plan-mobilidade-sostible-slide-17-setembro-2024_r

Compostela, 17 de setembro do 2024 – A Xunta de Goberno Local de Compostela aprobou o novo regulamento de circulación e o Plan de Mobilidade Urbana Sostible, o PMUS.

O regulamento terá que ser aprobado en pleno, algo garantido polas conversas entre o goberno e os grupos da oposición, e entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no BOP.

Pola súa banda o Plan de Mobilidade Urbana Sostible, PMUS, non precisa pasar polo pleno polo que se comezará a implementar de inmediato. Algunhas das obras en marcha, como os novos carrís ciclista do entorno de Xoán XXIII, deseñáronse pensando en este Plan.

 O concelleiro de Mobilidade e Convivencia, Xan Duro, deu conta de ambas as dúas aprobacións nunha rolda de prensa na que destacou que os textos “van na liña de avanzar cara un novo modelo de mobilidade, no que teñan protagonismo os modos brandos de transporte, e que priorice os desprazamentos a pé e en bicicleta”. Trátase, apuntou Duro, “de termos unha cidade a medida das persoas, e non dos vehículos, máis amable e mesmo máis saúdable”.

Unha ordenanza que fomenta a mobilidade ciclista

A ordenanza de Circulación, en vigor data de 2012, “non responde ás necesidades actuais nin á vontade de avanzar cara un modelo máis sostible, que priorice os modos brandos de transporte e en especial o uso da bicicleta”. Xan Duro incidiu nas novidades relativas á mobilidade ciclista, “cun texto que considera que este é un elemento fundamental da mobilidade urbana, fronte ao modelo restritivo anterior”.

A nova ordenanza de circulación permitirá que as bicicletas circulen pola zona histórica, respectando a velocidade máxima de 10 km/hora e sempre que sexa compatible coa intensidade do tránsito peonil, e cando non exista sinalización que o prohiba expresamente por razóns históricas, artísticas ou de seguridade.

Outras novidades en canto á circulación de bicicletas é que poderán circular en grupo formando unha columna de dúas en determinadas condicións, acceder ás plataformas semafóricas cando os vehículos estean parados, ou usar remolques homologados.

A ordenanza tamén fai referencia ás distancias de circulación doutros vehículos con respecto á bicicleta (1,5 metros para adiantar e 3 para circular); e regula as prioridades de paso en cruces con carril bici, glorietas, etc.

Tamén se regula o estacionamento de bicicletas, permitindo o seu amarre a elementos do mobiliario urbano, salvo semáforos, postes de iluminación, bancos ou papeleiras; e sempre que non afecten nin alteren a súa función, ou impidan o tránsito peonil, de vehículos ou dificulten a accesibilidade. Non se poderán amarrar nas árbores. Si permitirase, cumprindo as anteriores normas, o seu amarre a sinais de tráfico.

Circulación na zona histórica

A ordenanza aprobada pola Xunta de Goberno inclúe un anexo específico sobre a regulación da mobilidade na cidade histórica, que atende ás súas peculiaridades e á súa necesidade dunha maior protección. Nel, específicanse as condicións de acceso á zona vella, aludindo aos dispositivos de control que está previsto poñer en marcha esta mesma semana; ou os requisitos para solicitar os diferentes tipos de tarxeta existentes (residentes, titulares de establecementos mercantís, por razóns familiares, ou réxime especial das persoas titulares dos postos da Praza de Abastos).

En canto á carga e descarga, finalmente a ordenanza sinala que o horario establecido para esta actividade será de 7.00 a 10.00 horas, fronte ao contemplado na ordenanza aprobada inicialmente (de 7.00 a 9.00 horas) e ao horario vixente na actualidade (de 7.00 a 10.30 horas). Ademais, as empresas de reparto de mochilas ou maletas poderán acceder entre as 12.00 e as 14.00 horas, as empresas de mensaxería urxente poderán acceder de 16.00 a 18.00 horas, e as motocicletas e bicicletas de reparto de mercadorías poderían acceder sen restrición horaria.

Outras novidades

A nova ordenanza de circulación e uso da vía pública tamén incorpora un anexo sobre a regulación dos Vehículos de Mobilidade Persoal (VMP), que son aqueles vehículos dunha ou máis rodas, dotados dunha única praza e propulsados exclusivamente por motores eléctricos que poden proporcionarlles unha velocidade máxima de 25 km/h. Entre outros condicionantes para a súa utilización, especifícase que estará prohibido o seu uso turístico na cidade histórica.

Tamén se actualiza noutras cuestións como a clasificación das vías urbanas como zonas peonís, zonas de prioridade peonil, zonas residenciais ou de encontro, ou vías con limitacións para a circulación de vehículos de máis de 5,5 toneladas. Neste último punto, e con respecto á modificación aprobada inicialmente, atendéronse as alegacións presentadas de maneira que se contemplan as excepcións dos vehículos de obra e transporte agrícola, e autobuses de transporte público, escolar e discrecional. Tamén se incorporan á ordenanza os límites xenéricos de velocidade nas vías urbanas: 20 km/h nas vías que dispoñan de plataforma única de calzada e beirarrúa; 30 km/h nas vías dun único carril por sentido de circulación, e 50 km/h nas vías de dous ou máis carrís por sentido de circulación.

Plan de Mobilidade Urbana Sostible

No caso do PMUS, tal e como apuntou Xan Duro, é “unha ferramenta de planificación que tén como obxectivo orientar as decisións relativas ao transporte e a mobilidade de maneira que avancemos cara un modelo máis eficiente e sostible, que garanta un entorno saudable, fronte aos anteriores modelos de transporte que xiraban en torno aos vehículos motorizados”.

O documento, que incorpora un Plan Director de Mobilidade Ciclista e un Plan Director de Mobilidade Peonil, desenvolveuse de maneira moi participada, con numerosas reunións, foros e enquisas, e formúlase como un PMUS vivo e en permanente evolución.

O PMUS fixa como actuacións prioritarias a promoción do transporte público, o fomento da mobilidade a pé e en bicicleta, a xestión e optimización do aparcamento, a mellora da accesibilidade, e a mellora da conexión co medio rural e coa área metropolitana. Trátase, apuntou Xan Duro, “de mudar as prácticas establecidas, nunha cidade na que a maior parte dos desprazamentos cotiáns realízanseen transporte motorizados, e fundamentalmente en vehículo privado”.

En concreto, segundo se recolle no propio PMUS, o 63,6% dos desprazamentos internos son en vehículo motorizado (53% en vehículo privado e 10% en transporte público) e o 36% son desprazamentos non motorizados. Neste sentido, o concelleiro tamén apuntou que o PMUS sinala que a taxa de motorización en Compostela é de 582 vehículos por cada mil habitantes.

O Plan de Mobilidade Urbana Sostible fixa unha serie de obxectivos de carácter xeral como contribuír a unha maior calidade de vida e á redución do impacto ambiental do transporte; conseguir mellor balance enerxético; ou avanzar cara proxectos urbanísticos sostibles.

Tamén sinala obxectivos específicos como promover o uso dos modos de transporte non motorizados, potenciar o transporte público fronte ao automóbil privado, promover un uso máis racional do espazo público urbano, incidir sobre as condutas de mobilidade da cidadanía, ou contribuir á planificación sostible do desenvolvemento urbano.

Post navigation

Previous: “Ruth e o Leviatán” un roteiro sobre o traballo en Compostela de Ruth Matilda Anderson
Next: A Baña presenta o venres 20 “Outono de Monólogos”

Máis novas

Alex-Doval-alcalde-Oroso-slide-17-xullo-2023_6764_r
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Alex Doval, alcalde de Oroso

ames reconhecemento extraxudicial 14 setembro 2026
6 minutes read
  • Xeral

Novo recoñecemento extraxudicial do concello de Ames

Rois: O Pleno aproba volver licitar o Servizo de Axuda no Fogar
4 minutes read
  • Xeral

Rois licita de novo o Servizo de Axuda no Fogar

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (733) Politica (945) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.