Compostela, 18 de xaneiro do 2023 – O ata agora concelleiro de medio rural, José Manuel Pichel, ven de renunciar ao seu cargo tras a polémica sobre o aluguer dunha nave polo seu departamento.
Compostela Aberta denunciou hai uns días que Pichel rea accionista da empresa que alugaba a nave. Isto foi negado nun primeiro momento xa que se trataba da empresa, da que o concelleiro é administrador único, a que ten parte do accionariado. JOsé Manuel Pichel tamén aclarou que as accións foran vendidas e que, en calquera caso, a súa empresa permanece inactiva mentres el é concelleiro.
Hoxe na rolda de prensa anunciou a súa renuncia “por ser o máis útil pata os veciños e para o proxecto político”. Tamén leu un informe do secretario xeral do concello que nun priumeiro punto di que non existían incompatibilidades nin prohibicións para o aluguer da nave, e nun segundo apartado que pode darse “un aparente conflito de intereses”.
Pichel recoñeceu que cometeu un erro xa que non lle comunicou ni ao alcalde nin á Xunta de Goberno que fora accionista da empresa á que se lle alugaba a nave. Pediu aos xornalistas que hoxe non fixeran preguntas e convidounos a chamalo nas vindeiras xornadas. Tras isto dirixiuse a entregar a acta de concelleiro.
A continuación a declaración integra de José Manuel Pichel no día de hoxe