займ срочно

Demandan un plan de integración social para a xente que vive na rúa en Compostela

0

Compostela, 22 de agosto do 2022 – O BNG de Compostela reclama un plan de integración social e urxe a adoptar máis medidas que axuden a reducir a taxa de pobreza da cidade.

A voceira nacionalista, Goretti Sanmartín, lembra que a taxa de pobreza en Compostela está nun 14,38% segundo datos do Instituto Galego de Estatística, IGE. Denuncia ademais que o goberno local só quere ocultar a pobreza e reclama un plan para que a xente deixe de durmir na rúa.

Xoán XXIII punto de conflito

A demanda do BNG xorde como resposta ao conflito aberto polo tapiado da dársena de Xoán XXIII na que durmían distintas persoas. Esa obra foi levada polo equipo de goberno á Comisión de Patrimonio como parte dun proxecto de mellora da imaxe da entrada da cidade.

Na comisión o BNG e Compostela abstivéronse e PP e PSdeG votaron a favor. Ademais da crítica do BNG, Compostela Aberta pide que as cuestións estéticas non vaian por diante das humanas. A voceira, Marta Lois, equiparou a obra á realizada hai anos polo popular Conde Roa cando era alcalde.

O Partido Popular tamén se mostrou contrario á obra pese a votar a favor na Comisión de Patrimonio. O futuro candidato á alcaldía, Borja Verea, dicía que resultaba curioso que un goberno socialista puxera en marcha solucións do pasado en cuestións tan sensibles como as das persoas sen fogar.

Un problema recorrente

O certo é que o senfogarismo non é doado de solucionar. Durante o confinamento os gobernos municipais das cidades máis grandes tiveron que habilitar espazos para estas persoas, pero atopáronse coa negativa de moitas delas a pecharse nunha casa. Non chega con ter lugares para que durman, teñen que querer integrarse nas dinámicas sociais.

O albergue de Xoán XXIII, moi próximo á dársena da discordia, pecha moitas noites con camas libres porque algunhas das persoas, que poderían acceder de xeito gratuíto, non queren aceptar as normas que se marcan.

Si un plan integral de atención a este problema é necesario, como pide o BNG, a súa aplicación será complexa e precisará da comprensión de todos os grupos políticos pero tamén da veciñanza.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies